O día 11 foi o Día da Muller e a Nena na Ciencia asi que no cole dedicámonos a aprender un montón sobre diferentes mulleres científicas.
As aulas 1 e 3 estiveron traballando 3 mulleres científicas: Isabel Barreto, Josefina Castellví e Antonia Ferrín. Fixeron diferentes actividades sensoriais moi chulas!
O alumnado de Xardinería preparou uns códigos QR e a información sobre diferentes mulleres científicas moi interesante que compartiron con todo o cole! Como non, as aulas 5 e 6 pasaron a velos e aprenderon un montón de cousas! Ademais estiveron facendo diferentes actividades na aula.
As aulas 14 e 15 tamén pintaron mulleres científicas e viron información moi interesante!
Ademais, tiñamos material de polos creativos en relación a estes contidos nun recuncho do centro, co que desfrutou e xogou o alumnado.
Botade un ollo, xa veredes que ben o pasaron e canto aprenderon!