Familias

ANPA - Extraescolares

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Actividades

FESTEXAMOS O DÍA DA LGTBIQ+ (28/06)

      

28 DE XUÑO -  DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBIQ+

Ola a todos e todas,

Coma todos sabedes, ao longo do curso imos conmemorando numerosos días cos que buscamos o trato igualitario e a non discriminación de colectivos.

Na programación para este curso, esta semana tiñamos previsto realizar diversas actividades que fomentasen a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais e queer, coas que favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual.

Debido a situación de alerta sanitaria que estamos a vivir non puidemos realizar esta conmemoración  na escola, pero non queremos deixala sen festexar, xa que nos parece de grande importancia.

Por iso, o equipo docente preparou o material que aquí vos presentamos, co fin de que dende as vosas casas podades traballar un pouquiño estes contido.

 

Pulsa na imaxe para acceder ao Genial.ly

Esperamos que vos guste!

Unha forte aperta!

         

Voz Natura - A Horta de Charito

Voltamos con actividades para que non vos esquezades da nosa horta, a cal segue a coidar Amalia (moitas grazas de parte de tod@s nós!!!!!).

Pincha na imaxe e descubre o Genial.ly que fixemos para esta ocasión. Podes pulsar en calquer debuxo que atoparás na foto da nosa horta.

Esperamos que vos guste.

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 

Hoxe é venres 5 de xuño de 2020, Día Mundial do Medioambiente, un dos máis importantes do calendario ecoloxista, que foi fixado en 1972. Co fin de que conmemoredes este día dende as vosas casas invitámosvos, por unha banda, a que leades o conto “ A árbore xenerosa” de Shel Silverstein, da editorial Kalandraka.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lpzNj82y0ks.

 

Por outra banda, tamén vos convidamos a visitar a web http://www.tuhuellaecologica.org/  na que poderás medir a túa pegada ecolóxica e descubrir infinidade de cousas que podemos facer no noso día a día para conseguir unha sociedade sostible.

 

Esperamos que vos guste e vos faga pensar na importancia de que todos coidemos o noso planeta.

 

 

Unha forte aperta.

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

Prezadas familias,

Coma todos os ano, o vindeiro día 14 de xuño celebramos o día da Lingua de Signos Española. Tendo en conta a grande diversidade comunicativa coa que contamos dentro do noso centro educativo, consideramos importante conmemorar este día, co fin de dar visibilidade a esta lingua recoñecida no noso país na lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

Dende o equipo de profesionais que compón o noso centro, pensamos en adaptar unha canción a lingua de signos española e facer un vídeo.

Sen embargo, a situación de emerxencia sanitaria pola que estamos pasando fai, máis ca nunca, imprescindible a vosa colaboración, polo que vos pedimos que vos gravedes bailando, cantando e signando o retrouso da canción “O porvir é meu”, a cal podedes atopar no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=sxuo8fWJ0SU, dende o segundo corenta e sete ata o minuto e trinta segundos.

RETROUSO

 Medrarei e moi poderosa serei, (no  vídeo  0:47- 0:52)

 e vou ser, todo o que eu queira ser. (no vídeo 0:52- 0:57)

 Medrarei e moi poderosa serei, (no vídeo 0:58- 1:03)

 e vou ser, todo o que eu queira ser. (no vídeo 1:03-1:08)

  Porque a vida é un soño (no víde  e vou soñar a eito. (no vídeo 1:12-1:15)

  E vou tirar proveito de todo o que aínda está porvir (no vídeo 1:16-1:20)

  O porvir, o porvir  é meu… (no vídeo 1:21-1:25)

  O porvir, o porvir  é meu…( no vídeo 1:27- 1:30)

 

Podedes elexir unha frase ou o retrouso completo e gravarvos coa cámara en posición horizontal. Tras isto deberedes enviarnos as vosas gravacións a través dos vosos titores antes do día 5 de xuño.

O día 14 de xuño subiremos a montaxe do vídeo co que seguro gozaredes moitísimo!

Se tedes algunha dúbida preguntade!

Moitas gracias pola vosa colaboración!

Unha forte aperta.

Decorando as nosas hortas

Bo día,

deixamos por aquí unha nova proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para que non vos esquezades do horto.

Proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

Bo días,

xa estamos de volta coas actividades que nos facilitan cada semana os compis do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Esperamos que a proposta vos guste.

Saúdos.

Novas actividades para ser unhas boas agricultoras

Bo día,

Personajes de dibujos animados trabajando en agricultura | Vector ...

 

Imaxe obtida en Freepik

tedes unha nova proposta por parte de do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para que non vos esquezades da nosa coa horta, outra forma de continuar co proxecto de Voz Natura. Se queredes acceder ás actividades ou observar como creceu a nosa horta, non dubidedes en pulsar no arquivo.                           

 

ACTIVIDADES HORTO ESCOLAR

O proxecto do centro deste ano, do que xorde a temática da meirande parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso, é “O mundo nas nosas mans”, o cal nace da proclamación pola ONU do 2020 como ano internacional da “Sanidade Vexetal”, e que ao mesmo tempo está relacionado co proxecto de Ecocomedores e co programa de “Voz Natura”, nos que participa o noso centro educativo.

Tendo en conta isto, dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do noso centro, propoñémosvos as seguintes actividades, co fin de que dende as vosas casas continuedes o traballo iniciado este ano. 

Esperamos que sexa de voso agrado.

ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA SEMANA SANTA

Ola familias!

Actividades do Servicio Municipal de Educación

No marco da situación inaudita que nos tocou vivir nestas datas, a Federación de Anpas, en colaboración co Servizo Municipal de Educación, marcouse como obxectivo claro e para combater o aillamento obrigado, o de manter o interese da rapazada e xuventude polos programas educativos que se terían feito en situación de normalidade.