Visita á Escola de Tenis Marineda

Hoxe tivemos a oportunidade de visitar as instalacións da Escola de Tenis Marineda. Da man dos seus adestradores, o alumnado puxo en práctica as súas destrezas neste deporte dun xeito lúdico e moi enriquecedor. Qué ben o pasamos!

Rematamos o segundo trimestre do curso 2023-2024.

07/04/2024

- Seguimos traballando e aprendendo máis cousas sobre xardinería, viveirismo, ecoloxía, paisaxe... e a vivir un pouquiño máis en contacto ca natureza.

ver traballos

Rugby CRAT Coruña

Nesta xornada de venres acudiron ao centro membros do Clube de Rugby inclusivo do CRAT Coruña. Da man do seu mestre Juan "Cala" propuxéronlle ao alumnado unha actividade de coñecemento e posta en práctica das habilidades e dos valores sociais que este deporte conleva.

Contacontos CIFP Anxo Casal

Comezamos o trimestre con moita positividade da man do voluntariado do CIFP Anxo Casal, mergullándonos nos contos "Todo o mundo vai", "Lúa", "É un libro", e "Oh!". Graciñas!

O PFFPB de Reprografía traballa duro no Proxecto Documental Integrado do noso centro.

16/03/2024

- Todos traballamos no PDI de este curso que, como xa dixemos, titulamos Vivir na Coruña. O grupo de FP de Reprografía fixo un fabuloso traballo de deeño, preparación e colocación de vinilos na entrada do CEE María Mariño ilustrando con moito gusto o tema que escollimos para este ano. Un traballo moi profesional...

Espectáculo de títeres

Na última sesión da xornada de hoxe, o alumnado de EBO asistiu ao espectáculo de títeres "Raio the Loubican", a cargo de Ton Arenas; mergullándose na historia e guiando aos personaxes nas diversas situacións xurdidas. Graciñas!

Visita ao centro do Clube de Tenis Marineda

 

Dentro do Plan Proxecta+ e do convenio con Emalcsa, hoxe visitaron o noso centro adestradores do Clube de Tenis Marineda; co fin de ensinarnos habilidades propias deste deporte dun xeito lúdico que nos fixo disfrutar a esgalla da xornada.

E chegou o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller...

10/03/2024

- Celebramos o día da muller cunha actividade relacionado co Proxecto Documental Integradode promovido desde a Biblioteca para este curso 2023-2024. O titulamos A torre violeta: mulleres que son luz. Os alumnos e alumnas de primaria e secundaria decorarron as ventanas da nosa torre de Hércules cos seus traballso de investigación sobre mulleres coruñesas que pasaron á historia pola súa velentía e dedicación, que nos sirven de exemplo para seguir peleando por ser un pouquiño mellores cada día... Os programos formativos de formación profesional fixemos a nosa parte do traballo sobre heroínas da vida cotidiana, mulleres relacionadas cas nosas especialidades, empresarias que sacan adelante os seus negocios, as súas explotacións agrícolas, mulleres decoradoras, cociñeiras... Pode que non figuren nos libros de historia, pero a súa labor silenciosa é básica  para "facer sociedade". Non hai traballo pequeno. Mulleres que nos ilumnan co seu exemplo...

- Preparando o Día Internacional da Muller...

05/03/2024

- Continuamos a traballar desde a biblioteca sobre o 8M, co noso proxecto titulado  A torre violeta...

 

Traballo en equipo dos PFFPB de Cociña e Lavandería.

05/03/2024

- Recentemente celebrouse na biblioteca do CEE María Mariño unha xuntanza de directores de centros de formación. O programa formativo de formación profesional de Cociña preparou uns deliciosos petiscos, que posteriormente serviron os alumnos de Lavandería, tras preparar e decorar a mesa.

Distribuir contenido