#PaliquéochoEU

23/04/2024 14:04

Xa que somos un centro aberto ao entorno e sensible ás necesidades da comunidade educativa, presentamos o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística #PaliquéochoEu pola necesidade de promover e dar valor á lingua mellorando a competencia lingüística no noso alumnado tanto de xeito oral coma escrito dun xeito divertido e motivador. Debido á nosa realidade social, na que as novas tecnoloxías e as redes sociais inundan todo, pensamos que pode axudarnos a motivar e a asentar as aprendizaxes nun contexto interesante para todos e todas.

Coñecendo a nosa lingua e a nosa cultura aprenderemos a valorar e respectara nosa historia e cultura, o mesmo tempo que enriquecerán as nosasrelacións,persoaise colectivas con nós mesmos, e conoutros pobos.

Por todo isto nace o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística

#PaliquéochoEu no que compartimos e adoptamos saberes sobre a nosa lingua. Dende o mes febreiro e ata xuño cada mes coa axuda dos vídeos do #Dígocho Eu e os maiores do Centro de Día de Sada creamos contidos dunha temática diferente, os cales compartiremos con todos e todas vós para a aprendizaxe divertida e motivadora do galego. Silvia Varela, como galego falante e mestra neste proxecto, será o nosa estrela e guía. Adiante...a aprender moito galego!!!

Nós estamos co galego!.

 

#Paliquéocho Eu!

 

Obradoiro de experimentos

Nesta xornada de venres, o alumnado involucrouse no obradoiro de experimentos proposto por mestres e estudantes do Grao de Bioloxía da Universidade da Coruña. Deste xeito, aprendemos sobre crustáceos, virus e vacinas, equilibrios malabaristas, e pegadas dactilares.

Publican en Zalatecno o titorial que preparamos sobre paxaros do xardín

17/04/2024

- Zalatecno publica o titorial que preparamos para o IES Ramón Menéndez Pidal...

ver presentación

Convocatoria dos Campamentos específicos 2024

Taller de enxerta e fitopatoloxía aplicada no IES Ramón Menéndez Pidal

16/04/2024

- O IES Ramón Menéndez Pidal publica en Instagram a nosa última visita...

ver publicación

II Contacontos CIFP Anxo Casal

Este martes, contamos novamente coa visita do voluntariado do CIFP Anxo Casal, que dispuxo unha sesión participativa da man dos contos "Paxariña de papel" (de Antonio Rubio) e "Poñerémoslle un bigote" (Mar Benegas).

Graciñas!

Visita á Escola de Tenis Marineda

Hoxe tivemos a oportunidade de visitar as instalacións da Escola de Tenis Marineda. Da man dos seus adestradores, o alumnado puxo en práctica as súas destrezas neste deporte dun xeito lúdico e moi enriquecedor. Qué ben o pasamos!

Rematamos o segundo trimestre do curso 2023-2024.

07/04/2024

- Seguimos traballando e aprendendo máis cousas sobre xardinería, viveirismo, ecoloxía, paisaxe... e a vivir un pouquiño máis en contacto ca natureza.

ver traballos

Rugby CRAT Coruña

Nesta xornada de venres acudiron ao centro membros do Clube de Rugby inclusivo do CRAT Coruña. Da man do seu mestre Juan "Cala" propuxéronlle ao alumnado unha actividade de coñecemento e posta en práctica das habilidades e dos valores sociais que este deporte conleva.

Contacontos CIFP Anxo Casal

Comezamos o trimestre con moita positividade da man do voluntariado do CIFP Anxo Casal, mergullándonos nos contos "Todo o mundo vai", "Lúa", "É un libro", e "Oh!". Graciñas!

Distribuir contenido