BENVIDA

escolaTAC é unha xornada formativa docente centrada en obradoiros eminentemente prácticos nos que teremos a oportunidade de experimentar diferentes formas de traballo integrando medios tecnolóxicos: robótica, dispositivos móbiles, aplicacións, impresión 3D, creación audiovisual, aula invertida, intelixencias múltiples...

PROGRAMA

MAÑÁ

9:45 Recollida de acreditacións

10:00 Inauguración de escolaTAC

10:15 Presentación do obradoiro final

10:30 Tempo de traballo en obradoiro

12:00 Pausa-café

12:30 Tempo de traballo en obradoiro

14:00 Pausa-comida

TARDE

16:00 Tempo de traballo en obradoiro

17:30 Tempo de traballo en obradoiro

19:00 Obradoiro final

20:00 Peche das xornadas

OBRADOIROS

PLANETA RANGER

J. Ricardo Paredes e Milagros Diéguez
SALA DE EXPOSICIÓNS

MANEXO DUNHA IMPRESORA 3D

Marcos Febrero
AULA 1

O PORTAFOLIOS DIXITAL NA AULA DE SECUNDARIA

Luis Javier Rodríguez
AULA 3

USO DE GOOGLE CLASSROOM E
G SUITE NA AULA

Felipe Roget
AULA 4

FLIPPED E O USO DAS TIC EN BACHARELATO

Manel Trenchs

AULA 5

INTRODUCIÓN AO ARDUINO: CERNE DAS TECNOLOXÍAS LIBRES

Gumersindo Monteagudo

AULA 6

ATURUXO CINEMA LAB

Sergio Clavero

AULA 11 (1º andar)

DESEÑO DE ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE. TECNOLOXÍA E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Javier Monteagudo

SALÓN DE ACTOS

SELECCIÓN DE OBRADOIROS

A distribución dos obradoiros quedará supeditada ás prazas dispoñibles para cada un. Debedes escoller os 4 obradoiros nos que desexades participar. É fundamental ler antes os resumos de cada un para comprobar que efectivamente pode ser interesante para o voso labor docente.

Os obradoiros iranse completando conforme vos vaiades apuntando. Asegurádevos de escoller un obradoiro diferente para cada hora, sen repetir ningún. Podedes cambiar a vosa escolla ata o mércores 30 de novembro ás 23:55, pero deberedes comprobar se aínda quedan prazas libres nos obradoiros aos que queredes cambiar.

O día anterior ao evento publicarase neste mesmo espazo a listaxe dos obradoiros e dos asistentes en cada franxa horaria.

ESCOLLE AS TÚAS PREFERENCIAS HORARIAS

LOCALIZACIÓN

escolaTAC (ESO/BACH) realízase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, que se atopa na rúa de Madrid, 2-4, en Fontiñas, Santiago de Compostela.Para unha mellor localización, podedes utilizar o mapa interactivo que se acompaña.

ORGANIZA

SÍGUENOS NA REDE

Consulta todas as novedades sobre a formación do profesorado nas nosas canles