ATURUXO CINEMA LAB

Obxectivos:

Adquirir unha primeira experiencia creativa fílmica completa a través de aplicacións móbiles para aplicar posteriormente co alumnado. Trátase de desenvolver todo o proceso de produción dunha obra desde a idea inicial ata a edición utilizando expresivamente a linguaxe cinematográfica.

Descrición:
Exposición dos contidos e metodoloxía máis adecuada para a alfabetización cinematográfica do alumnado na aula cunha guía didáctica.Posteriormente os participantes, ben individualmente ou en parellas, van crear unha breve peza cunha aplicación (Adobe Premiere Clip) desde o seu móbil ou tableta a partir dunha proposta concreta sinxela. Na fase final do obradoiro proxectaremos os resultados para analizalos.

Impartido por:

Sergio Clavero: Licenciado en Belas Artes na especialidade de Audiovisuais. Produtor e director de curtas, vídeos musicais e publicidade, en especial no campo da animación. Profesor de Debuxo do IES de Cacheiras e creador do proxecto de alfabetización cinematográfica ATURUXO FILMS.

ORGANIZA

SÍGUENOS NA REDE

Consulta todas as novedades sobre a formación do profesorado nas nosas canles