Grupo de intercambio e colaboración do profesorado do Plan Proxecta en Redeiras [1]
Enviado por asacido a Ven, 14/12/2012 - 14:50Vense de abrir o grupo de intercambio e colaboración do profesorado do Plan Proxecta [2] na rede social Redeiras [3] e invítase a todas as persoas participantes nesta iniciativa a formar parte del. Este espazo dixital está pensado para converterse no eixe central da rede de traballo colaborativo entre o profesorado, un lugar para o intercambio de experiencias e para a colaboración.
O Plan Proxecta [4] está dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros mediante programas externos que fomenten proxectos enfocados no desenvolvemento das competencias e da educación en valores.
Para acceder á rede social do profesorado Redeiras [5] so hai que utilizar o usuario e contrasinal do correo persoal EDU.
Unha vez se entra na aplicación, a persoa xa se converte automáticamente en usuaria da rede sen outra acción ou xestión. Na pantalla de inicio ou na pestana de Grupos accédese ao grupo Plan Proxecta [2] pulsando na ligazón da listaxe. Unha vez dentro, só queda pulsar o botón Unirse ao grupo.
Website:
Tema:
Sección: