Proba de nivel [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 16/09/2019 - 11:59As probas de nivel para participar nos cursos CALC están pensadas para o alumnado que se quere matricular nalgún dos cursos que se ofertan en colaboración coa EOI e, tendo coñecementos previos, carece da titulación necesaria. A proba de nivel non certifica o nivel de competencia do alumnado, senón que, simplemente, diagnostica o seu nivel de acceso e permítelle matricularse nun curso máis adiantado. A proba de nivel tampouco outorga automaticamente unha praza, hai que se apuntar no curso e aplicaranse os criterios publicados no Plan anual de formación do profesorado [2].
A data de realización será o vindeiro mércores 25 de setembro de 2019 ás 17:00h.
Os códigos das probas de nivel que se realizan no CAFI e CFR son os seguintes:
- CAFI - S1902019 [3]
- CFR da Coruña - C1902015 [4]
- CFR de Ferrol - F1902014 [5]
- CFR de Lugo - L1902014 [6]
- CFR de Ourense - O1902012 [7]
- CFR de Pontevedra - P1902018 [8]
- CFR de Vigo - V1902021 [9]
