Abrazar a diversidade: proposta para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico [1]
Enviado por boletin a Ven, 27/11/2015 - 13:24O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades acaba de publicar este documento co obxectivo de construír un instrumento de referencia na análise e proposta de recomendacións e estratexias para previr, detectar e intervir en casos de acoso escolar por homofobia e transfobia en España.
O texto consta dunha introdución conceptual, varios exemplos de boas prácticas, unha guía de acción con recomendacións e complétase cun listado de recursos educativos dispoñibles de forma gratuíta e completa en internet para todos os niveis educativos non universitarios. Ofrécese, ademais, unha análise dos recursos xurídicos –estatais e de cada comunidade autónoma- para abordar estas cuestións nos centros educativos.
Publicación en castelán: https://goo.gl/IIdtbl [2]
Publicación en inglés: https://goo.gl/BjJhB0 [3]
Tema:
Colectivo:
Sección: