Premios ás boas prácticas en innovación educativa
Convocados os premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013 pola Resolución do 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Estes premios pretenden recoñecer as boas prácticas innovadoras desenvolvidas polos centros educativos galegos públicos na súa procura da mellora da calidade educativa.
Convocados por:
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Dirixido a:
Centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Traballos a presentar:
En especial, valoraranse os proxectos centrados na mellora da convivencia nos centros e da atención á diversidade en todas as súas vertentes, no uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación, no desenvolvemento das competencias básicas, a mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega e das linguas estranxeiras e na posta en marcha de iniciativas de emprendemento.
Cada centro poderá presentar as boas prácticas levadas a cabo no curso 2012/2013 que considere. Cada boa práctica só poderá presentarse por unha soa das modalidades desta convocatoria.
Modalidades:
No artigo 2 establécese, entre outras, a modalidade "G. Iniciativas de emprendemento e/ou de innovación metodolóxica na Formación Profesional".
Premios e dotación económica:
- Un 1º premio 3.000 €
- Un 2º premio 2.000 €
- Haberá 4 accésits por valor de 1.150 € cada un, para as boas prácticas nas modalidades que decida a comisión de selección destes premios.
Estas cantidades irán destinadas aos centros onde se desenvolveron as boas prácticas.
Prazo de presentación:
Ata o 15 de outubro de 2013, inclusive
Recoñecemento para o profesorado:
Os traballos premiados serán recoñecidos pola Administración Educativa como premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.
En caso de dúbidas pode dirixirse a:
- asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es
- 881 997 494
- 881 997 598
- 881 997 098
Documentos de interese: