Folletos Web Ciclo
Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0294 | Elementos amovibles e fixos non estruturais | 213 |
1º | MP0299 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0293 | Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares | 267 |
1º | MP0291 | Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade | 240 |
1º | MP0297 | Xestión e loxística do mantemento de vehículos | 133 |
2º | MP0300 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0296 | Estruturas do vehículo | 123 |
2º | MP0301 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0298 | Proxecto en automoción | 26 |
2º | MP0292 | Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe | 209 |
2º | MP0295 | Tratamento e recubrimento de superficies | 192 |
2º | MP0309 | Técnicas de comunicación e de relacións | 53 |
Título de Técnico superior en Automoción
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.