Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Xestionar o uso eficiente da auga, organizando e desenvolvendo a montaxe, a posta en servizo, explotación e mantemento de redes e estacións de tratamento de augas, aplicando os requirimentos de calidade, tanto das instalacións como da auga e as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental requiridas pola normativa vixente.

En que ámbitos se traballa?

Administración e en empresas dedicadas a realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes e instalacións de auga, así como en empresas de tratamento de augas, e a reutilización de augas residuais.

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de montaxe de redes de abastecemento e distribución de auga
Encargado/a de montaxe de redes e instalacións de saneamento
Encargado/a de mantemento de redes de auga
Encargado/a de mantemento de redes de saneamento
Operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento
Operador/a de planta de tratamento de augas residuais
Técnico en xestión do uso eficiente da auga
Técnico en sistemas de distribución de auga
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1573 Calidade e tratamento de augas 133
MP1575 Configuración de redes de auga 160
MP1583 Formación e orientación laboral 107
MPI007 Lingua estranxeira profesional I 53
MP1572 Planificación e implantación 187
MP1576 Sistemas eléctricos en instalacións de auga 133
MP1580 Técnicas de montaxe en instalacións de auga 187
MP1577 Automatismos e telecontrol en instalacións de auga 122
MP1582 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1584 Formación en centros de traballo 384
MPI008 Lingua estranxeira profesional II 53
MP1578 Operacións en redes e instalacións de auga 174
MP1581 Proxecto en xestión eficiente da auga 26
MP0309 Técnicas de comunicación e de relacións 53
MP1579 Xestión de operacións, calidade e ambiente 70
MP1574 Xestión eficiente da auga 105
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Xestión da auga

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña