Folletos Web Ciclo
Avaliar a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, apoiando tecnicamente o proceso de cualificación e certificación enerxética de edificios, así como configurar instalacións solares térmicas, xestionando a súa montaxe e o mantemento en condicións de seguridade, calidade e respecto ambiental.
No sector enerxético, en institucións competentes en auditorías, inspeccións e certificacións enerxéticas, e en empresas dedicadas a realizar estudos de viabilidade, promoción, implantación e mantemento de instalacións de enerxía solar en edificios.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0352 | Configuración de instalacións solares térmicas | 107 |
1º | MP0349 | Eficiencia enerxética de instalacións | 160 |
1º | MP0121 | Equipamentos e instalacións térmicas | 213 |
1º | MP0356 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0122 | Procesos de montaxe de instalacións | 213 |
1º | MP0123 | Representación gráfica de instalacións | 160 |
2º | MP0350 | Certificación enerxética de edificios | 210 |
2º | MP0357 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0358 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0354 | Promoción do uso eficiente da enerxía e da auga | 87 |
2º | MP0355 | Proxecto de eficiencia enerxética e enerxía solar térmica | 26 |
2º | MP0353 | Xestión da montaxe e o mantemento de instalacións solares térmicas | 175 |
2º | MP0351 | Xestión eficiente da auga en edificación | 105 |
Título de Técnico superior en Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.