Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e mercadorías. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas situadas noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de mantemento de electromecánica (grupos electróxenos, cintas transportadoras movidas con motor de explosión, etc.).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0454 | Circuítos de fluídos, suspensión e dirección | 213 |
1º | MP0459 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0260 | Mecanizado básico | 107 |
1º | MP0452 | Motores | 133 |
1º | MP0456 | Sistemas de carga e arranque | 213 |
1º | MP0455 | Sistemas de transmisión e freada | 187 |
2º | MP0457 | Circuítos eléctricos auxiliares do vehículo | 175 |
2º | MP0460 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0461 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0453 | Sistemas auxiliares do motor | 245 |
2º | MP0458 | Sistemas de seguridade e confortabilidade | 157 |
Título de Técnico en Electromecánica de vehículos automóbiles
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.