Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.

En que ámbitos se traballa?

Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados,redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radio e televisión,e sistemas de produción audiovisual
Técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radio e televisión, e sistemas de produción audiovisual
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radiodifusión
Técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radiodifusión
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica
Técnico/a en reparación e mantemento de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos
Técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos
Técnico/a en supervisión, verificación e control de sistemas de radioenlaces
Técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de audio
Técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de vídeo
Técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos industriais
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1051 Circuitos electrónicos analóxicos LOOIFP
MP1052 Equipamentos microprogramables
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1055 Mantemento de equipamentos de electrónica industrial
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1058 Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos
MP1062 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP1063 Formación en centros de traballo
MP1059 Infraestruturas e desenvolvemento do mantemento electrónico
MP1056 Mantemento de equipamentos de audio
MP1053 Mantemento de equipamentos de radiocomunicacións
MP1054 Mantemento de equipamentos de voz e datos
MP1057 Mantemento de equipamentos de vídeo
MP1060 Proxecto de mantemento electrónico
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Mantemento electrónico

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial