Folletos Web Ciclo

CSS



Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo
Ciclo formativo de grao medio
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Planificar e/ou desenvolver a actividade de mantemento de embarcacións de recreo de madeira. Localizar avarías en estruturas, cascos, cubertas e elementos interiores de embarcacións de recreo de madeira. Determinar o alcance da avaría ou a disfunción nas embarcacións de recreo de madeira. Planificar o traballo de mantemento, establecendo o procedemento que cumpra seguir, especificando os materiais ou os repostos requiridos, os equipamentos e as ferramentas necesarias, e a seguridade aplicable. Seleccionar e abastecerse de materiais, accesorios e produtos de entrada e saída no almacén. Manter en bo estado os elementos estruturais de madeira de embarcacións de recreo. Manter e, de ser o caso, modificar elementos interiores de madeira de embarcacións de recreo. Reconstruír cascos e cubertas de madeira de embarcacións de recreo, cumprindo os requisitos técnicos do fabricante e da normativa aplicable. Preparar soportes e aplicar mesturas de pintura, operando con equipamentos de acabamento requiridos. Montar e/ou adaptar mobles e elementos de carpintaría en embarcacións de recreo. Realizar o mantemento de primeiro nivel de máquinas e equipamentos de mecanizado utilizados na montaxe e no acabamento de elementos de madeira, consonte a ficha de mantemento.

En que ámbitos se traballa?

No sector de mantemento de embarcacións de recreo de madeira.

Que ocupacións se desempeñan?
Carpinteiro/a (montador/a-reparador/a de moblaxe) en embarcacións de recreo
Carpinteiro/a de ribeira (mantemento de estruturas, cascos e cubertas de embarcacións de recreo de madeira)
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0542 Control de almacén LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0538 Materiais en carpintaría e moble
MP0540 Operacións básicas de carpintaría
MP0541 Operacións básicas de moblaxe
MP0539 Solucións construtivas
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1635 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP1636 Formación en centros de traballo
MP1631 Mantemento de cubertas e cascos de madeira en embarcacións de recreo
MP1632 Mantemento de elementos estruturais de madeira de embarcacións de recreo
MP1633 Mantemento de elementos interiores de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo
MP1630 Mecanizado de elementos de carpintaría de ribeira
MP1618 Preparación de embarcacións de recreo para traballos de mantemento
Que título se obtén?

Título de Técnico en Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña