Reunión transnacional do proxecto MATES

Durante os días 25 e 26 de setembro o Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR acolleu a reunión transnacional do Comité Directivo do proxecto Mates (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy), na que se deron cita representantes dos dezasete países que constitúen o seu partenariado, para levar a cabo a revisión dos avances realizados no primeiro semestre desta colaboración e reforzar as pautas que se seguirán nos meses vindeiros deste proxecto de catro anos de duración.

Á reunión asistiu, cunha activa participación, a supervisora do proxecto en representación da DGMare, Alessia Clocchiatti, responsable das políticas da Comisión Europea sobre asuntos marítimos e pesca.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Reunión transnacional MATES
  • Reunión transnacional MATES
  • Reunión transnacional MATES
  • Reunión transnacional MATES
  • Reunión transnacional MATES
Multimedia: