Convocatoria 2021
Introdución
Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2021
Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
Composición dos tribunais
Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude (Actualizado o 09/03/2021)
Listaxes da convocatoria 2021
Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2021.
As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2021.
Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.
- Listaxe provisoria
Período de reclamación: do 12 ao 16 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa nas probas de acceso a grao medio.
- Instrucións para obter o código persoal de consulta - Listaxe definitiva
Acceso ás listaxes de cualificación.
- Listaxe provisoria
Poderase presentar reclamacións contra a cualificación provisional desde o día 8 ao 11 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
Modelo de reclamación ás cualificacións provisorias - Listaxe definitiva
A partir do 23 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso a grao medio en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020-2021).
Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.
Acceso aos exames e respostas da convocatoria
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)