Skip to Content

Leer máis

Ola, cando rompemos unha entrada en Drupal (eu fágoo co comando break no código html) o sistema coloca unha ligazón co texto "Leer máis" ao final da parte recortada para poder conectar coa versión completa. A expresión non é correcta dende o punto de vista ortográfico, a correcta debería ser "Ler máis". Sería posible cambiar isto?. Un saúdo IES Laxeiro

Modificar unha cadea de texto

Tes razón. Seguramente non é o único erro ortográfico xa que somos nós mesmos os que temos que traducir os diferentes módulos de drupal. Moitas veces polas prisas coas que traducimos ou simplemente son erros que cometemos.

A maneira de modificar unha cadea de texto errónea sería a seguinte:

No menú Administrar > Configuración da páxina > Localización > Administrar cadeas, introducimos a cadea tal cual aparece na plataforma, neste caso "Leer máis" (incluídas as minúsculas e maiúsculas. Unha vez a plataforma atope a cade prememos en "Edit" e modificamos. Neste caso "Leer máis" por "Ler máis".

Un saúdo

Ler máis

Moitas grazas pola axuda, xa cambiei a cadea. É normal que haxa erros. A vantaxe de que esteamos todos no mesmo barco é que así atopamos os erros rapidamente e podemos arranxalos. Grazas de novo e un saúdo.


forum | by Dr. Radut