Skip to Content

Imaxes aleatorias e profe1

Ola: Atopei en http://drupal.org/project/random_images este módulo que penso que nos permitiría inserir imaxes que fosen aparecendo de xeito aleatorio nas nosas páxinas. Espero que sexa un módulo que nos permita subir unha serie de imaxes e que aparezan nunha "rexión" da páxina de xeito aleatorio. Penso que nós non o temos instalado para poder activalo. Sería posible que no lo puxese o "webmaster" á nosa disposición? Outra cuestión é: cando se nos enviou o espazo web, un dos usuarios era profe1; digo era, porque, no noso caso, xa non é, pois este pistoleiro rápido dixo que, unha vez que xa tiñamos unha serie de usuarios co rol profesorado, pois ese sobraba e xa sabedes.... pin, pan e acabou onde acabou: no cubo do lixo. Despois de que o mércores pasado me abrisen os ollos e me fixesen ver a súa utilidade mesmo para os/as administradores/as das páxinas. Ocórrenseme dúas opcións: - Que o webmaaster o volva crear tal como fora parido no seu momento. - Que eu mesmo cree un usuario chamado profe1 e que "funcione" baixo o rol de profesorado. O que pasa é que se o fago así, non sei que dirección de correo electrónico darlle; a non ser que invente unha do tipo _____@edu.xunta.es e xa está. Grazas Javier

Imaxes aleatorias

Ola Javier.

Estiven mirando o módulo que indicas de Random_images, pero esta función non se corresponde exactamente co que ti desexas, senón que o que permite é definir máis características no módulo de Random_images que xa tendes instalado, pero en calquera caso sería para definir un bloque (lateral esquerdo, dereito, encabezado, pe...) onde vaian aparecendo as diferentes imaxes.

Este módulo en concreto o que permite sería definir a ruta onde ten que ir a ler as imaxes así como definir o número de imaxes que van a aparecer. Tamén permitiría crear diferentes bloques.

Como o módulo de random_images xa o tedes, creo que o que vos falta é ver como engadir as imaxes para que aparezan. Pois o que teredes que facer é crear imaxes con tipo de contido Imaxe: Menú do usuario > Crear contido > Imaxe.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut