Skip to Content

Subir imaxes na plantilla SIB

Escollemos a plantilla SIB para a nosa web. Temos problemas para subir as imaxes cando estamos creando un contido (historia, páxina, etc.). Tras picar no icono da árbore ábrese a xanela para insertar/editar imaxe pero nela non aparece o icono de navegación ( que si aparece noutras plantillas) para seleccionar a carpeta onde se atopa a nosa imaxe. Quereríamos saber se hai algunha forma de que apareza dito icono nesta plantilla ou como facer para subir imaxes dun modo sinxelo. Moitas grazas.

Inserir imaxes.

En "a miña conta" podedes subir os arquivos indo ó menú "arquivos persoais". Logo só tendes que copiar a "url" e inserila no campo "Dirección da imaxe" no espazo de creación de contido.

Tomamos nota do problema da plantilla para buscarlle solución.

Un saúdo.

Asesor SIEGA - Noia

Grazas pabloimo

Grazas pola información. Agradecemos que vos tomede a molestia de arranxar a plantilla pois é moito máis sinxelo para os compañeiros que non "controlan" moito de informática subir as imaxes polo sistema de enlace directo cando están escribindo o contido novo. Un saúdo.


forum | by Dr. Radut