Skip to Content

'Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio' CONCURSO EDUCATIVO

 

Invitámosvos a participar en 'Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio', un concurso educativo sobre o coñecemento dos ODM das Nacións Unidas.

Neste xogo organizado por Educación sen Fronteiras co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional atoparás unha chea de divertidas probas de coñecementos e habilidade, onde ademais de divertirte coñecerás cales son os 8 obxectivos e como están mellorando as condicións de vida nas zonas máis desfavorecidas do planeta, como Asia, África e América Latina.

Se tes entre 14 e 20 anos forma un equipo dun titor e cinco compoñentes xunto a compañeiros da túa asociación xuvenil ou centro educativo.

Os dous equipos gañadores xunto aos seus titores gañarán unha viaxe a Xenebra, Suíza, onde poderán visitar a sede de Nacións Unidas. Así mesmo, para o resto de equipos gañadores haberá un lote de bicicletas de montaña de última xeración co ánimo de contribuír ao coidado do medioambiente.

Se queres inscribirche ou sabelo todo sobre a competición, como o calendario, os premios, ou os divertidos xogos que  atoparás, ven a vernos a www.objetivosdelmilenio.com , e se tes algunha dúbida ou consulta envíanos a túa pregunta a info@objetivosdelmilenio.com

Estamos seguros de que che gustará moito.

O prazo de inscrición está aberto ata o comezo do concurso:

 o 20 de abril



story | by Dr. Radut