Skip to Content

Xornada breoganista do IES Xoán Montes

Este martes 20 de decembro todo o alumnado do centro tivo a ocasión de participar nunha emocionante mañá co equipo de baloncesto Breogán, actividade organizada pola ANPA.

A pesar das xélidas temperaturas, a ampla expedición camiñou con moita enerxía os máis de 3km que separan o instituto do Pazo dos Deportes. Á chegada tivemos a primeira sorpresa da xornada pois reibiunos Diego As, o autor do graffiti xigante que decora as paredes do pazo. Xa no interior, estaba agardándonos a mascota do equipo, Maximus! Tivemos a ocasión de coñecer distintas dependencias do edificio como a sala de prensa, a zona de vestiarios e o palco. Os xogadores recibiron con moita cercanía ao alumnado, de feito, varios deles puideron xogar unha minicompeteción. 

Foi unha xornada perfecta no día previo ao partido da liga europea Basketball Champion League contra o equipo alemán Bonn. A ANPA conseguiunos entradas para poder desfrutar deste encontro.

Foi unha fermosa e divertida xornada de convivencia. Moitísimas grazas a ANPA por darnos esta oportunidade!

breogán

Fotografía de Marta Coria. CC BY-SA

breogán

breogan

breogán

breogán

Fotografías de Marta Coria. CC BY-SA

 



page | by Dr. Radut