Skip to Content

Conferencia "Luz ó Deporte" con Pedro Munitis

O martes 17 de Outubro realizouse unha segunda saída incluída dentro do ciclo de conferencias “Luz ó Deporte” organizadas pola Fundación Breogán. Nesta ocasión o relator foi Pedro Munitis, ex-xogador internacional de fútbol e actual adestrador do CD Lugo. 

A sesión transcorreu dun modo ameno por realizarse a modo de entrevista, e a traxectoria profesional de Pedro Munitis resultou moi interesante e formativa. Contou como con ilusión e moito esforzo, logrou sendo dunha familia humilde e sen conexión co Deporte, ser unha figura internacional e profesionalizarse para poder continuar ligado á competición desde a figura de adestrador.

 

Falou aos alí reunidos da importancia de sacar aprendizaxes das adversidades (a resiliencia) e do importante que é o traballo en equipo. Todo iso baseándose en experiencias vitais persoais. Os alumnos asistentes expuxeron varias cuestións ao finalizar a sesión, sinal do interese que xerou a traxectoria desta figura do deporte lucense.

Pedro Munitis

Pedro Munitis. Fotografía de María Inmaculada Rodríguez

grupo 3ESO

Alumnado de 3ºESO. Fotografía de María Inmaculada Rodríguez

 

 

 

rolda de preguntas

 

Adrián na rolda de preguntas. Fotografía de María Inmaculada Rodríguez

 



page | by Dr. Radut