Skip to Content

ALUMNADO CON TALENTO: Juan Felipe Quinbayo Díaz (1ºESO)

alumnado do IES Xoán Montes é realmente talentoso e así o demostra en moitas áreas como o deporte, a música, a danza...

Hoxe adicamos esta noticia a RayitoJuan Felipe Quinbayo Díaz, alumno de 1ºESOC e todo un portento no deporte de boxeo.

Felipe Quinbayo

Felipe Quinbayo

A pesar do escaso tempo que leva practicando este deporte, pouco máis dun ano, os seus éxitos son enormes. En xullo do ano pasado, conseguiu nada máis e nada menos que o título de Subcampeón de España celebrado en Pola de Laviana (Asturias), na categoría peso pluma.

Anteriormente practicaba natación e deu o paso a este deporte porque o seu pai, que vía como entrenaban boxeo no ximnasio, animouno a probar. Así foi. Coñeceu ao seu entrenador Alberto Piña do que aprendeu todo o que sabe deste deporte.

Para destacar en calquera ámbito é fundamental a constancia e o esforzo, Juan Felipe entrena entre 4 e 5 días á semana preparándose tanto na técnica como con exercicios específicos. O equipamento que precisa son: botas, guantes, vendas, casco, protector bucal e coquilla.

Síntese moi cómodo na práctica do boxeo e non lle da medo a recibir un golpe porque forma parte do oficio. Á diferencia do que pode pensar moita xente que non coñece o boxeo quere deixar claro que "hacer boxeo no significa que te guste pegar o que seas violento, sino todo lo contrario porque aprendes a trabajar el temperamento".

A dureza do deporte refléxase moitas veces nas lesións, de feito, é posible que non poida participar no campeonato que terá lugar en Portugal o próximo mes de febreiro por unha lesión no ombro da que xa está practicamente recuperado. De feito ten a mirada posta no próximo Campionato de España que será en xuño, onde quere conseguir o ouro.

No futuro ten claro que lle gustaría adicarse á competición de forma profesional pero é consciente da importancia de ter uns estudos mínimos, de aí que no instituto se tome os estudos máis en serio que o curso pasado.

 

Podedes consultar aquí a noticia que lle adicou El Progreso hai uns meses.

Seguiremos ao tanto dos teus éxitos. Ánimo, campión!



page | by Dr. Radut