Skip to Content

X FORO DA INNOVACIÓN DA FP DE AUTOMOCIÓN - IES DE VILALONGA

 

Adxuntamos o programa da X edición do Foro de Automoción que se celebrará os días 27 e 28 de abril de 2023 no pazo Emilia Pardo Bazán e no IES de Vilalonga.

Máis información nas redes sociais do Foro:

Facebook.
https://www.facebook.com/foro.automocion.33

Twitter.
https://twitter.com/FAutomocion
@FAutomoción

Blog:
https://fifpavilalonga.blogspot.com/

Instagram:
https://www.instagram.com/foroautomocion/

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023. Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

NOVOS HORARIOS FP BÁSICA 2 (FASE DE RECUPERACIÓN)

Achéganse os novos horarios de FP Básica 2 de Servizos Administrativos e Mantemento de Vehículos correspondentes á fase de recuperación.

ITINERARIO VIAXE A PARÍS

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2023/24 (ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar bolsas de carácter xeral para o curso académico 2023/2024 (publicado no BOE o 17 de marzo) para estudiantes que cursen estudios postobrigatorios.

Na referida convocatoria establécese o prazo de solicitude tanto para alumnado que se atope cursando ensinanzas universitarias como para o que se atope cursando ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias.

O prazo de solicitude será do 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.

Para máis información, preme no seguinte enlace.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE BAREMACIÓN (CORRECCIÓN ERRO PRAZO)

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE BAREMACIÓN (CORRECCIÓN ERRO PRAZO)

DEBIDO A QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA 1º DE BACHARELATO EXCEDE O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PROCEDEREMOS Á BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES. OS SOLICITANTES PODERÁN PRESENTAR DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN DO 21 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, CONFORME AO INDICADO NO ARTIGO 30 DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO

 (Máis información na nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvilalonga/)

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

 

DEBIDO A QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES PARA 1º DE BACHARELATO EXCEDE O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS ESTE ALUMNADO TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO, CONFORME AO INDICADO NO ARTIGO 30 DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO

TODAS AS RESERVAS REALIZADAS PARA 1º DE ESO  FORON ADMITIDAS

(Máis información na nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvilalonga/)

ESA 3. CALENDARIO PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Achégase o calendario para a realización das probas correspondentes á convocatoria extraordinaria de ESA Módulo III.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2023/2024

 

-NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023-24

 

 

  -POSTOS ESCOLARES OFERTADOS NO IES DE VILALONGA:                                     

NIVEL

PRAZAS POR NIVEL

VACANTES ESTIMADAS

1º ESO*

90

25

2º ESO

90

14

3º ESO

90

20

4º ESO

90

32

1º BACH. HUM. E CCSS

66

28

1º BACH. CIENCIAS

66

40

2º BACH. CIENCIAS

66

6

2º BACH. HUM. E CCSS

66

18

*TODAS AS RESERVAS REALIZADAS PARA 1º DE ESO  FORON ADMITIDAS (resérvanse tres prazas por unidade para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo).

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA (centros adscritos): 16 de xaneiro – 6 de febreiro

 

-DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO: 22 de febreiro

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

 Do 1 ata o 20 de marzo de 2022 ambos os dous días incluídos.

 

 

- Prazo para solicitudes FÓRA DE PRAZO: do 21 de marzo ao 25 de abril.

 

 

- Prazo extraordinario: do 26 de abril en adiante.

 

 

 

-NOTA INFORMATIVA:

 

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

  Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

 2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita

 

 3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

 

 

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO SE É O CASO:

 Do 21 de marzo ao 3 de abril ambos os dous incluídos.

 

 -DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E PRAZOS PARA FORMULAR RECLAMACIÓN:

  

-Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.

-Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: 5 días hábiles a partir da súa publicación.

 -Listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio (1 mes para as impugnacións).

 

 

-PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO:

 Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 

 

-CENTROS ADSCRITOS AO IES DE VILALONGA:

 

ESO

 

-CEIP Cruceiro: Vilar, Touceira, O Castro, Piñeiros, Costiña, Freixo, Rouxique, Salgueira, Cruceiro, Bruñeira, Lagarei, Arnosa, Fianteira, Xuncabranca, Gondar de Abaixo, Gondar de Arriba, Revel, Pedreiras, Peai, Cruce da Vichona (dirección Vilalonga), Lomba, Outeiro, Gondariño, Carballo, Empalme, Altamira,Seixobranco.

 

-CEIP Plurilingüe de Nantes: O Pedroño, Nantes de Reis, Bouzón, Santa Eulalia de Nantes, Seixomil, Pazos, Casal, Buezas, Fontoira (a partir do cemiterio), Contumil, Seixal, Rial, Santa Mª da Digana, Vinquiño (a partir da casa nº 5), Pedrouzos, Xesteiriña, Forxán, A Cachada, O Santo, Dadín, Pedeiras, A Granda,Viliquín.

 

-CEIP de Noalla: Telleiro, Aios, Eira do Monte, Besadoiros, Capilla, Bascuas, Pragueira, Major, Cachadelos, Foxos, A Lanzada, Quintáns, Igrexa, Altín, Soutullo, Pontes, Salgueiro do Mato, Casal, Caseiros (cuartel), Tombelo, Revolta I, Revolta II.

 

 

BACHARELATO

 

-IES de Sanxenxo.

-IES de Meaño.

-CP Abrente.

 

-ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

-Área de influencia: concello de Sanxenxo.

-Áreas limítrofes: concellos aledaños.

 

 -SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO IES DE VILALONGA:

 Transporte escolar.

 

 

A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

 Poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

 

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

 b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

 c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

 d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 

 

 

Rafael Arines Gago, director do IES de Vilalonga

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut