Iniciar sesión

Prazo aberto para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo de cafetería

Informáse de que ata o vindeiro 22 de abril está aberto o prazo para a presentaación de ofertas ao contrato de concesión da cafetería do IES Terra de Soneira. Máis información na plataforma de contratos de Galicia.

Información sobre bolsas de estudos MEC 24/25 - Convocatoria xeral

Para que estudos podes solicitar unha bolsa?

Para alumnado que no curso 24/25 estea matriculado en:

  • •Bacharelato 

  • •Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados  

  • •Formación Profesional de grao medio e de grao superior  

  • •Ensinos artísticos: profesionais e superiores  

  • •Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia 

  • •Ensinos deportivos  

  • •Estudos relixiosos superiores  

  • •Formación Profesional de Grao Básico  

  • •Ensino universitario: Graos, Máster... 

Como solicitala?


1. Entra na Sede electrónica

2. Rexístrate. 

Para rexistrarte necesitas un usuario e contrasinal. 

Se xa te rexistrache previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falla que te volvas as rexistrar.

Se nunca te rxistrache clica en "Rexistrarse" e segue os pasos para crear unha conta.

Para acceder á solicitude de bolsa podes facelo mediante Cl@ve, certificado electrónica ou mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistrache na sede electrónica.

3. Enche o formulario

Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non se che pedirá que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos se che pedirá que achegas algún documento concreto.

4. Imprime o xustificante de presentación, comrpoba se te atopas nalgunha das situacións para remitir documentación.

 

DIRECCIÓN PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN Á UNIDADE DE BOLSAS

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

  • PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)  

     

  • PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es  

     

  • DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO 

      

  • Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.  

 

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

 

TELEFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.

CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal

Acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de ESO e Bacharelato

Segundo a Resolución do 28 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 o alumnado podera acreditar os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio, o alumnado de ESO e Bacharelato poderá acriditar as competencias dixitais correspondentes aos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais.

 

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE ESO

- O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en Educación Secundaria Obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

- O alumnado matriculado en 4º de Educación Secundaria Obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

- O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.

- A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

 

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

- A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

- O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a  proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. 

- O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

 

REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA

- Estar matriculado en 4º de ESO para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.

- Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

 

A solicitude deberá realizarse mediante o formulario de inscrición contido no Anexo IV da Resolución que deberá presentarse na Secretaría do centro. O prazo para presentar a solicitude remata o 15 de marzo

 anexo IV da Resolución 20 28 de febreiro de 2024.pdf 

Máis información e Demo da Proba de acreditación

Admisión curso 2024-2025

Entre o 1 e o 20 de marzo de 2024:

Admisión: Os pais/nais ou titores legais do alumnado de centros non adscritos, interesado en cursar estudos no IES Terra de Soneira, formalizarán a súa solicitude neste centro. Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das seguintes opcións:

 1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

 Normativa Reguladora

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Postos escolares ofertados

 

Axudas alumnado actividades de formación en lingua estranxeiras curso 2023-2024

ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 13 de febreiro e remata o día 12 de marzo (inclusive).

A información sobre este programa, así como a aplicación en liña que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras

O alumnado de 4º ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos que estea interesado en solicitar a axuda para realizar as probas de certificación en inglés ou francés nos niveis B1, B2 ou C1, debe cubrir o impreso de compromiso individual (dispoñible en conserxaría ou para descarga no seguinte enlace) e entregalo en Dirección ata o 25 de outubro.

 

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

DÍA NON LECTIVO

Lémbrase que o vindeiro venres 13 de outubro é un dos días non lectivos establecidos polo centro e autorizado por Xefatura territorial, polo tanto o centro permanecerá pechado xoves e venres. 

INICIO DAS CLASES

O vindeiro luns 11 de setembro darán comezo as clases en horario lectivo habitual: de 08.45 a 14.25 en horario de mañá e de 16.40 a 18.20 pola tarde. Os alumnos de 1º de ESO deberán acudir á Aula de Usos Múltiples, con entrada polo patio cuberto superior. O resto, dirixiranse ás súas aulas de referencia, que poderán coñecer o día anterior en Abalar. 

Publicación Fondo Libros para o alumnado da ESO

Dende o día 10 de xullo e durante todo o mes, os beneficiarios do vale de material poden recollelo na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O alumnado de 1º e 2º da ESO non terá dereito a libros por estar no programa EDIXGAL. O alumnado de 3º da ESO beneficiario de vale de material esolar recibirá libros de texto do centro.

O alumnado de 4º da ESO pode consultar no centro os libros que lle corresponden en Fondo Libros.

Aberto o prazo de inscrición para ciclos formativos

Dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo atópase aberto o prazo de inscrición nos ciclos formativos ofertados no IES Terra de Soneira.

A inscrición deberá realizarse a través da web de FP da Consellería.

 

 

Distribuir contido