Skip to Content

Complementarias

Obradoiro de contos

Fernando Sevilla, educador infantil na Galescola de Fene, impartíu para o noso alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, un obradoiro sobre as diferentes técnicas utilizadas cando se conta un conto e outros recursos relacionados coa dramatización na etapa de infantil.

Podes ver fotos do obradoiro na seguinta ligazón: Fotos do Obradoiro

Fín de curso 2008-09

Festival de fin de curso

Para despedir estes meses de traballo conxunto, o martes 23 teremos o festival de fin de curso.

A partir das 10:30 unha obra de teatro reunirá a 3º, 4º de ESO e 1º Bacharelato. Mentras 1º e 2ºESO manterán un campionato de tenis de mesa.
Ás 12:30 chega a música, cunha actuación do coro do instituto que estivo preparándose con Juan Brage durante o curso. Seguirá logo unha versión do tema "O bo, o feo e o malo" a cargo de instrumentistas de 2º ESO, unha exhibición de sete danzas do mundo polos grupos de 4ºESO e 1ºBac e e remataremos cunha sesión de heavy metal servida por alumnado do centro.

Unha visita de luxo: Darío Xohán Cabana

Xohán Cabana lembrou a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. CARLOS CARBALLEIRA

Darío Xohán recitou poemas tradicionais no Sofía Casanova

Ferrol Xoves 16 de Abril de 2009

MARTA QUINTEIRO > FERROL

Os alumnos de Bacharelato e Formación Profesional do IES Sofía Casanova recibiron onte a un dos mellores escritores en lingua galega da actualidade, no marco dun proxecto do equipo de normalización lingüística do centro co que se pretende dar a coñecer de primeira man a literatura galega.

O encontro comezou cunha presentación de Darío Xohán Cabana na que a coordinadora de normalización lingüística, Laura Suárez, destacou os aspectos máis relevantes da súa vida e obra, como o seu ingreso na Real Academia Galega ou seu traballo como tradutor de obras extranxeiras.

A continuación, o escritor comezou un recital de poesía no que os asistentes poideron lembrar os Cantares Galegos e as obras de autores como Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Ramón Cabanillas, elixidas polo escritor co fin de “transmitir aos alumnos o gusto pola poesía e pola sonoridade da lingua galega, nun tempo no que a poesía está de capa caída”, apuntou.

Á súa fin, os estudantes de 2° de Bacharelato tiveron a oportunidade de preguntarlle todo tipo de curiosidades, acerca da súa vida, do seu traballo e da historia do galego. Segundo explicou Xohán foiron moitos os que se animaron a participar no coloquio e, ademais, amosaron ó escritor que “están ben formados intelectualmente e cunha boa educación”, asegurou.

Darío Xohán engadiu que este tipo de encontros, nos que xa participou noutras ocasións, tamén poden axudar a fomentar a lectura e a escritura entre os mozos, a pesar de que a súa opinión é que “agora se le moito máis que antes”.

O acto cerróuse cunha sinatura do libro “Galván en Saor”, que os alumnos de 1° de Bacharelato leran na clase.

Alumnos do Sofía Casanova protexen o ecosistema do Bosque dous Nenos

Medio centenar de alumnos de 3º de ESO do instituto Sofía Casanova
participaron onte, no marco do programa Voz Natura, nunha xornada de colocación de caixas-niño e de repoboación con especies autóctonas do Bosque dous Nenos... leer máis

Despedida do trimestre con música e danza

festival nadal 2008 Grazas aos ensaios e xenerosidade das profesoras de música e o seu alumnado, o Sofía Casanova celebrou o fin do primeiro trimestre cun espectáculo de canto a capela e danzas do mundo.
Déronlle vida aos coros e aos grupos de danzantes alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º de ESO que fixeron dous pases, dous! para os seus compañeiros e compañeiras, co aforo do salón de actos a tope e unha participación exemplar do respetable público.
Un moi grande regalo de nadal, graciñas a todos e azos para o que nos queda de curso.
Que teñamos un ventureiro 2009!

Asistencia o "Concurso de Prototipos" da Escola Politecnica de Esteiro

Os Alumnos de 4º da ESO de Tecnoloxía asistirán como espectadores o vindeiro día 13 de Novembro o "Concurso de Prototipos" que organiza o Profesor D. Javier Cuadrado tódolos anos na Escola Politecnica de Esteiro.

Todos os invitados poden asistir co seu prototipo e participar. Adxúntase a descripción da proba (facilitada por D.Javier Cuadrado)

O curso pasado tamén asistimos, aquí está o ALBUM DE FOTOS

Visita a IGACIENCIA

Os alumnos de 4º da ESO de Tecnoloxía participarán o próximo martes 18 de Novembro no Obradoiro " A MAXIA DA ROBÓTICA" no Centro de Educación do Concello de Lugo.

Actividade proposta dentro da Semana da Ciencia 2008, organizados pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e patrocinados pola Dirección Xeral de I+d+i, o INCITE.

http://www.igaciencia.org/orobotica.asp

Distribuir contido


by Dr. Radut