Skip to Content

CALENDARIO DE FIN DE CURSO

LIBROSFinalizadas as actividades lectivas o día 22, é importante ter en conta as datas e actividades seguintes:
Mércores 27 ás 12:30Entrega de Boletíns de notas. Previamente o alumnado debe voltar á Bibliteca os libros en préstamo.
Xoves 28. Devolución de libros do programa de préstamo de 2º e 4ºESO. Consultar as horas na páxina seguinte.

 

HORARIO DE DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Xoves, 28

10:00 a 10:20 – 2A
10:20 a 10:40 – 2B
10:40 a 11:00 – 2C
11:00 a 11:20 – 2D
11:20 a 11:40 – 4A
11:40 a 12:00 – 4B
12:00 a 12:20 – 4C
12:20 a 12:30 – 4D e 4E

MATRÍCULA NO CENTRO

 IMPORTANTE!!

Xa se pode consultar os días e datos de matrícula no centro neste enlace: Detalles

Convocado o concurso de fotografía "Imaxes con fondo"

imaxesconfondoConcurso fotográfico que trata de promover a reflexión sobre a solidariedade, os Dereitos Humanos e a responsabilidade das nosas accións dentro do ‘todo’ global.

Poden atoparse as bases en

http://www.fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo

Convocadas as probas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Anunciadas as probas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para as especialidades de Interpretación, Dirección escénica e Dramaturxia e Escenografía. O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de xuño.

Máis información en http://www.esadgalicia.com/

ALCER: Os trasplantes de órganos no Sofía

ALCERO alumnado de 3ºESO asisitíu onte a unha sesión organizada pola asociación de trasplantados ALCER, en colaboración coa ANPA. A actividade foi moi interesante para subliñar a importancia da xenerosidade que alimenta ao exemplar sistema español de trasplantes, que axuda a salvar miles de vidas cada ano..

Visita ao Val de Doniños

doniñosO alumnado de Ciencias Naturais de 1ºESO realizou o xoves 24 e o venres 25 a saída ao val e lagoa de Doniños. Camiñando polo Camiño Real ata a praia, no lugar de Outeiro, os catro grupos familiarizáronse co relevo e os valores ambientais da fermosa parroquia ferrolá. 

Acto de fin de curso de 2º de Bacharelato

esceaO venres 25 ás 18:30 terá lugar o acto académico de fin de curso de 2º de Bacharelato ao que están convidados todo o alumnado, familias e profesorado.
Cóntase coa intervención dun alumno en representación de todos os compañeiros e compañeiras, do director, actuacións musicais, proxección dun vídeo e a entrega de orlas. Pola noite celebrarase a tradicional cea de alumnado e profesorado.

Teatro no Día das Letras Galegas

 O pasadoteatro día 15 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, os alumnos de 1º ESO A  levaron a cabo  no salón de actos do Instituto a  estrea dunha pequena obra  de teatro. A peza, de carácter cómico, está inspirada nos clásicos contos infantís de princesas e encantamentos, e foi escrita  por eles mesmos baixo o título "Unha historia diferente"

Distribuir contido


by Dr. Radut