Skip to Content

Casanova Científico

lampadaUn novo número do Casanova Científico está xa ao dispor no seu própio blogue, accesible en http://casanovacientifico.blogspot.com.es/.

Un recanto para a actualidade científica doado de visitar, fornecido cos artigos do noso alumnado.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA, CALZADO, CHAQUETAS, MANTAS E PRODUCTOS TÉXTILES

roupa

O centro invita a colaborar a quen o desexe na reciclaxe destes materiais que xa non teñan uso na casa. A iniciativa faise en colaboración coa entidade GLORR e GLOBAL HUMANITARIA. Para participar:
Solicitar bolsa (s) ás bedeis.

Traelas entre os días 11 e 12. A recollida farase o día 13. As bolsas depositaranse no punto limpo, consultar ás bedeis.

 

Recollida de alimentos para a Cociña Económica

anpaA  ANPA e o centro IES   Sofía Casanova  imos recoller alimentos non perecederos dende o vindeiro LUNS, día 3 de decembro até o Venres, día 14 de decembro.
 

Estes alimentos serán destinados a familias de tipo envasados, paquetes, potitos, chocolates, lácteos, papillas, cereales, etc.

Pedimos a colaboración de toda a nosa comunidade educativa do IES Sofía Casanova para facer entrega destes alimentos non perecederos nun carro sito na entrada do centro con destino a Cociña Económica.

Esperamos as doazóns de alimentos como un acto de solidariedade que todos entendemos, polo que sobra decir máis comentarios e explicacións ao respecto.

Queremos darvos as grazas anticipadas pola vosa comprensión e solidariedade.

Exposición de modelos celulares

mod_cel
Expostos os  modelos de células procariota e eucariotas elaboradas polo alumnado de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Os inxeniosos modelos pódense percorrer neste vídeo.

Martes 27, votacións ao Consello Escolar

O martes 27, día de votación para a renovación do Consello Escolar. Pola mañá farao o alumnado, a mediodía o persoal non docente e de 18:15 a 20, as nais, pais e titores.

O mércores 28 votaráo profesorado en claustro extraordinario.

Exposición de cogumelos 2012

O Departamento de Ciencias Naturais organizou a exposición anual de cogumelos da comarca, recollendo as iniciativas máis importantes: a Feira de Cogumelos das Pontes e a de Ferrol, esta última con casetas no Cantón de Molíns esta semana.
Ao tempo, o alumnado do centro participa nas actividades docentes de familiarización con este apaixoante grupo de seres vivos.

Ver vídeo

Iniciado o proceso de renovación do Consello Escolar

urnaRealizada a primeira reunión da Xunta Electoral, iniciouse o proceso de renovación do Consello Escolar coa distribución a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente dunha circular coa convocatoria.

Xosé Manuel Pose Mesura, in memoriam

Antonte pasou un antigo membro da nosa comunidade educativa, o profesor Xosé Manuel Pose Mesura. Hoxe o lembramos e invitamos a ler unha semblanza de quen dedicou moitos anos ao ensino no noso centro. Artigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut