Os alumnos de 4º ESO, co Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega están a participar este mes de outubro no roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala". Figuras como Aurelio Ribalta, Xaime Quintanilla e Bello Piñeiro, institucións como o coro Toxos e froles, o Casino Ferrolán, a editorial Céltiga e aqueles lugares e persoas relacionadas coas Irmandades en Ferrol son obxecto desta visita. En GaliciaÁrtabra pode verse a relación de Ferrol coas Irmandades da Fala. |