Skip to Content

Traballando co ADN

 Si, si, como o ledes. Na Sardiñeira non estamos tan lonxe de LA ou de Miami, polo menos no que a tecnoloxía científica se refire. Sen ir máis lonxe estes días, no módulo de ensaios biotecnolóxicos, no segundo curso do ciclo de "Laboratorio de Análise e de Control de Calidade" estamos a traballar co ADN. Non é que pretendamos clonar un mamut nin nada semellante, as nosas intencións non van tan lonxe, aínda que algunhas das técnicas que aprendemos son comúns coas usadas en ese tipo de proxectos.

O que estamos a facer é estudar a actividade de certas enzimas de restricción, que rompen as moléculas de ADN en determinados puntos segundo a secuencia de bases que teñan. A reacción ten lugar nuns tubiños pequeños e logo separamos os fragmentos mediante unha técnica chamad electroforese en xel de agarosa. 



blog | by Dr. Radut