Pais/Nais
Francés
Dª Mª Francisca Oliva Levanti . Xefa de Departamento
Programacións didácticas 23-24
Convocadas axudas para a formación en linguas estranxeiras 2023
admin — Mér, 22/02/2023 - 23:38
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva.
Convocatoria Delf Scolaire 2023
admin — Ven, 16/12/2022 - 20:34
Achegamos información da convocatoria dos exames Delf Scolaire 2023 para os alumnos de ESO e Bacharelato dos centros educativos definidos nos convenios asinados entre as Consellerías de Educación das comunidades autónomas interesadas e a Embaixada de Francia en España.
Lee a información completa no seguinte documento.
Cine en francés
admin — Dom, 11/12/2022 - 22:17
Os días 8 e 9 de novembro, a Alianza Francesa de Vigo organizou unha actividade de cine no Auditorio do Concello á que asistiu o alumnado de Francés de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. A a actividade foi organizada no centro por Begoña Montenegro, do departamento de Francés.
Últimas actividades do departamento de francés
admin — Mér, 06/07/2022 - 19:36
O Departamento de Francés presenta nestas liñas as dúas últimas actividades do curso. Un petit-déjeuner français au café de la Seine! e un recital de poesía en francés para o alumnado de 1ª da ESO no espazo da Biblioteca. Abaixo podedes acceder as imaxes destes eventos.
Finaliza desta maneira un gran traballo feito polo Departamento de Francés o longo de todo o curso e en especial do seu responsable Pilar Álvarez. Botarémosche de menos Pilar!. Moita sorte na túa nova andaina.
Saída á Creperie de Francés
admin — Mér, 29/06/2022 - 11:26
O luns 20, o alumnado matriculado en Francés de 4º ESO tivo unha saída didáctica organizada por Pilar Álvarez e Paz Orois, profesoras do departamento de Francés do centro. Foron á “La Marinière. Crêpes de Bretagne” na que tiveron un obradoiro no que lles explicaron en francés como facer creps.
Ofertas educativas en idiomas para o curso 2022-23
admin — Xov, 23/06/2022 - 10:00
No noso centro tes a oportunidade de estudar FRANCÉS e ALEMÁN como primeira lingua estranxeira, anímate é moi doado!
Actividades de marzo Departamento de Francés
admin — Xov, 12/05/2022 - 15:29
DÍA DA FRANCOFONÍA: exposición cos traballos realizados polo alumnado da 1º ,2º ,3º de ESO e 1º de Bacharelato.
DÍA DA POESÍA: o alumnado de francés leu dous poemas do poeta francés Jacques Prévert: “Déjeuner du matin” e “Page d’écriture”.
Exames Delf Junior
admin — Mér, 02/02/2022 - 09:38
O DELF junior, Diplôme d’études en langue française (Diploma de Estudos en Língua Francesa), consta de 4 diplomas oficiais internacionais expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos extranxeiros.
Prazo de inscripción do 1 ó 26 de febreiro de 2022
máis info no adxunto
Día da Paz - Journée de la Paix 2022 "Le Déserteur"
admin — Mar, 01/02/2022 - 20:28
Día da Paz
Con motivo do Día da Paz, o alumnado de Francés de 2º de Bacharelato gravou o seguinte vídeo recitando “Le Déserteur” de Boris Vian. A profesora responsable da actividade é Pilar Álvarez, do departamento de Francés coa colaboración de Liliana Carro, de Galego, que se fixo cargo da tradución.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+