Pais/Nais
Comunicacións do centro
Mensaxe da comunidade educativa do IES Rosais2
admin — Mér, 26/10/2022 - 23:54
A comunidade educativa do IES Rosais 2 quere transmitir o seu pésame á familia do adolescente falecido no IES Xulio Prieto Nespereira, e a toda a comunidade educativa dese instituto ourensán.
Actividades Extraescolares curso 2022-23
admin — Lun, 19/09/2022 - 18:43
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-23
Comeza o período de preinscrición para as actividades extraescolares ofertadas polo centro. Data límite 23 de Setembro.
Abaixo podes descargar o documento informativo.
No IES Rosais 2 abrimos en Semana Santa
admin — Ven, 08/04/2022 - 17:44
Recordamos que o IES Rosais 2 abrirá durante os días laborables da próxima semana, do 11 ó 13 de abril de 2022.
Para garantir a atención pregamos escriban ó correo electrónico do centro ies.rosais2@edu.xunta.gal
CALENDARIO FINAL de CURSO 2021-22
admin — Mér, 30/03/2022 - 18:36
Pode ampliar as imaxes pulsando nos calendarios:
Pode descargar os documentos nos seguintes enlaces:
Calendario ESO. Calendario 1º Bacherelato. Calendario 2º Bacherelato.
Prazo solicitude Becas curso 2022-2023
admin — Mér, 30/03/2022 - 18:13
O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu hoxe 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.
Podes atopar toda a información neste enlace.
Profesor de Física e Química
Rdo. dos teus compañeiros e alumnos do IES Rosais 2 (Vigo)
Querido compañeiro e amigo:
Deixas en nós un profundísimo recordo pola túa bondade, pola túa alegría, pola túa amable convivencia. Máis alá das túas ensinanzas deixas no alumnado unha aprendizaxe de vida. E nos teus compañeiros unha lembranza de afecto e, para sempre, de saudade.
A dirección do centro facilita para aquelas persoas que o desexen o seguinte correo onde poder enviar as súas condolencias: ies.rosais.2@edu.xunta.gal
Obituario
Doutorado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, formou parte do equipo de investigación en edafoloxía creada polo catedrático Francisco Guitián Ojea.
Foi profesor de ensino secundario, funcionario de carreira desde o 1996 en distintos institutos da provincia de Pontevedra.
No IES Val de Tea (1999-2008) formou parte do equipo directivo, primeiro como xefe de estudos e despois como director. Foi un dos profesores pioneiros na implantación do XADE, á man, polas tardes, nesas colaboracións silenciosas, discretas, non recoñecidas, que facilitaron a introdución da dixitalización na educación en Galicia.
Ese mesmo labor era o que estaba a desenvolver, á beira das súas clases, desde 2013 no IES Rosais 2 de Vigo.
Foise con el un profesor excepcional, paciente co seu alumnado e con alma de ensinante, un querido compañeiro, apreciado por todos pola súa discreta dilixencia e a súa atención infinita. Un amigo inesquecible. O recordo da súa bondade, da súa alegría, da súa amable convivencia, perdurará para sempre.
Comunidade Educativa IES Rosais 2.
Ligazóns de prensa: La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
XXXIII CERTAME de POSTAIS de NADAL 2021-22
BASES para PARTICIPAR
Pode ampliar a imaxe pulsando no calendario:
Pode visualizar e descargar o documento no seguinte enlace:
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+