Pais/Nais
Últimas actividades do departamento de francés
admin — Mér, 06/07/2022 - 19:36
O Departamento de Francés presenta nestas liñas as dúas últimas actividades do curso. Un petit-déjeuner français au café de la Seine! e un recital de poesía en francés para o alumnado de 1ª da ESO no espazo da Biblioteca. Abaixo podedes acceder as imaxes destes eventos.
Finaliza desta maneira un gran traballo feito polo Departamento de Francés o longo de todo o curso e en especial do seu responsable Pilar Álvarez. Botarémosche de menos Pilar!. Moita sorte na túa nova andaina.
O remate: Exposición dos proxectos de Scratch!
admin — Dom, 03/07/2022 - 20:21
Fáltanos un último artigo que quere ser unha homenaxe o noso alumnado. Son eles os verdadeiros protagonistas e os que merecen unha culminación como é debido a tanto esforzo e tantas semanas de traballo ben feito. É de xustiza. Por todo elo quixemos Nerea e mais eu organizar unha exposición de tódolos traballos na biblioteca. Aproveitamos os novos ordenadores recen instalados para que o alumnado de todo o centro durante os últimos días do curso puidese probar de primeira man o traballo dos seus compañeiros e compañeiras. Foi moi emocionante ver as facianas iluminadas destos rapaces e rapazas cando puideron estrear neste escenario da biblioteca os seus xogos e historias. Só resta dicir que enviámosvos os maiores parabéns. O éxito é voso. Foi unha honra dirixirvos o longo de todo este curso. Ata a próxima!.
Abaixo unha colección de imaxes do alumnado do centro no espazo de exposición na biblioteca probando os proxectos finalizados. Incluímos tamén un vídeo que amosa o ambiente nese espazo durante eses días.
Exposición: Á violencia de xénero...dille non!
admin — Mér, 29/06/2022 - 19:06
Dentro do Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade, do 6 ao 26 de maio tivemos no centro a exposición "Á VIOLENCIA DE XÉNERO...DILLE NON!". É unha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.
Entrega de Premios do Concurso de Fotografía Matemática
admin — Mér, 29/06/2022 - 14:10
Temos xa os gañadores do concurso de fotografía matemática que organizou o Departamento de Matemáticas do instituto. A gañadora na categoría do alumnado foi Victoria Covadonga Pérez Montes de 1º ESO C pola fotografía “Simetría con ás” e na categoría do resto da comunidade educativa Jose Saa Graña por “Caracola de Cabo Home”. Noraboa!
Visita ás Igrexas de Parada e Panxón e á Catedral de Tui
admin — Mér, 29/06/2022 - 12:49
O alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato tivo unha saída didáctica organizada por Gabino Costas, profesor de Relixión do centro. Un dos días visitaron as igrexas románicas de Parada e Panxón o outro a Catedral de Tui.
Saída á Creperie de Francés
admin — Mér, 29/06/2022 - 11:26
O luns 20, o alumnado matriculado en Francés de 4º ESO tivo unha saída didáctica organizada por Pilar Álvarez e Paz Orois, profesoras do departamento de Francés do centro. Foron á “La Marinière. Crêpes de Bretagne” na que tiveron un obradoiro no que lles explicaron en francés como facer creps.
Ofertas educativas en idiomas para o curso 2022-23
admin — Xov, 23/06/2022 - 10:00
No noso centro tes a oportunidade de estudar FRANCÉS e ALEMÁN como primeira lingua estranxeira, anímate é moi doado!
Charla Física Re-Creativa
admin — Mér, 22/06/2022 - 20:02
O luns 20 de xuño o alumnado de 3º ESO asistiu á charla “Física Re-Creativa” sobre algúns temas relacionados cos contidos da Física nos primeiros cursos dos graos en Enxeñería. A charla foi lúdica e práctico-experimental, para a comprensión de procesos naturais concretos a través da experimentación directa con materiais e obxectos cotiás. A actividade estivo a cargo dos profesores Goretti Castro, María de Álava e Xenxo Pérez do departamento de Física e Química. O relator foi José Benito Vázquez, profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Charla Fluídos Divertidos
admin — Mér, 22/06/2022 - 19:46
O luns 20 de xuño o alumnado de Física e Química de 4º ESO asistiu á charla “Fluídos divertidos” na que participaron na realización de experimentos con fluídos. A actividade estivo a cargo da profesora Goretti Castro do departamento de Física e Química. O relator foi Eduardo Suárez, profesor da área de Mecánica de Fluídos da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.
Olimpíada Química
admin — Mér, 22/06/2022 - 14:46
O 15 de xuño celebrouse a Olimpíada de Química na que participou alumnado de 3º e 4º da ESO do centro. Foi unha experiencia moi interesante onde os equipos estaban formados por alumnado de distintos institutos. Foi unha mañá na que tiveron distintas probas tanto no exterior como nos laboratorios da Facultade de Química da Universidade de Vigo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+