Pais/Nais
Olimpíadas Tecnoloxía 23-24
admin — Xov, 22/02/2024 - 11:21
O IES Rosais 2 participará nas Olimpíadas de Teleco con varios equipos de ESO e Bacharelato. O 25 de xaneiro asistiron ao acto de presentación que incluíu ademais unha charla técnica sobre as telecomunicacións e unha visita guiada á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. O 1 de febreiro tiveron tamén unha sesión online de formación básica en Micro:bit como preparación antes da Olimpíada. Os profesores que están preparando ao alumnado son Víctor Ronco e Óscar Loeda, do Departamento de Tecnoloxía.
Pista de Xeo en Samil
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:10
O Departamento de Educación Física organizou unha actividade de patinaxe para o alumnado de 1º da ESO. Desfrutaron dunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada en Samil o 15 de xaneiro.
Charla “Que se fai na informática industrial?”
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:06
O 19 de decembro, o alumnado de 1º BAC A e B asistiu á charla “Que se fai na informática industrial?”. O obxectivo da charla era dar a coñecer os principais avances na informática industrial, desde a utilización dos computadores ata a impresión 3D, facendo ver como é posible que se deseñe calquera cousa utilizando unha computadora e seguindo o seu proceso ata que se fabrica con control por computadora., para sistemas industriais de control, visión artificial, internet das cousas (IoT), robots, etc. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do instituto e o relator foi Manuel Pérez Cota, da UVigo.
Charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”.
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:03
O 18 de decembro, o alumnado de 1º BAC C e D asistiu á charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”. A innovación xoga un papel importante na empresa e no tecido económico pero, que é innovar? Que é un modelo de negocio innovador? Basta con ter unha idea orixinal ou unha tecnoloxía nova para innovar e pór en marcha un negocio? Que cambiou na innovación e nos negocios coa chegada da era dixital? A charla tratou esta temática analizando os novos patróns de innovación na empresa, os seus motores tecnolóxicos (internet, dispositivos móbiles, macrodatos (big data), a nube, etc.) de xeito ameno e con casos reais. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do centro e o relator foi Emilio García Roselló, da UVigo.
Admisión alumnado
admin — Xov, 08/02/2024 - 11:16
O criterio complementario do centro é ser irmán ou fillo dun ex-alumno.
Enlaces tanto a normativa como á solicitude. O prazo de presentación é do 1 de marzo ao 20 de marzo. As solicitudes presentadas a partir do 21 de marzo a entran no proceso de fóra de prazo.
Distribución dos centros da ESO en Vigo
Semana da Ciencia 2023
admin — Lun, 05/02/2024 - 19:16
O Club de Ciencias do instituto organizou un ano máis a Semana da Ciencia durante a semana do 18 de decembro. Ademais de postos con experimentos e xogos científicos e lóxicos, este ano organizaron un scape room para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC. O alumnado de 1º BAC participou tamén na investigación dun asasinato na biblioteca e o resto do alumnado nas súas aulas na hora de titoría.
Magosto 2023
admin — Lun, 05/02/2024 - 18:59
O 31 de outubro celebramos o Magosto no instituto. Tivemos castañas, música, un Pasapalabra organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e xogos tradicionais. Ademais, a ANPA axudounos e contratou un posto de flocos de millo que foi todo un éxito.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+