Pais/Nais
CICLO ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO. OS ESTUDOS DE PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA E MAXISTERIO
O mércores 23 de xaneiro visitou o noso Centro o doutor en Psicoloxía D. Hipólito Puente Carracedo, vicedecano do Colexio de Psicólogos de Galicia, co fin de orientar ao noso alumnado de 2º de Bacharelato acerca do currículo e futuras saídas en tres titulacións: Maxisterio, Psicoloxía e Pedagoxía, titulacións que el posúe, ademais da Diplomatura en Audición e Linguaxe. O conferenciante é autor de obras como Autoestima e aprendizaxe. Unha aportación empírica a través do debuxo ou A Autoestima no Ensino. Unha resposta práctica ó fracaso escolar . En palabras propias, estudou primeiro Maxisterio “coa única intención de ter autonomía económica e logo facer Psicoloxía”, o campo que lle apaixona tal e como transmitiu ao alumnado. Completou posteriormente a súa formación coa licenciatura en Pedagoxía, coa diplomatura en Logopedia e por fin doutourose en Psicoloxía. Hipólito Puente é o responsable da posta en marcha dun plano experimental que daría lugar ás aulas de educación especial, que logo se porían en marcha no resto de España.
Posteriormente entrou nos equipos psicopedagóxicos de apoio nos que se adicou á atención de alumnos con dificultades de aprendizaxe e de conducta. Cando os equipos desapareceron pasou a ser o xefe de Departamento de Orientación do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde segue hoxendía. Ao finalizar a charla, abriuse unha quenda de preguntas nas que o alumnado puido demandar do conferenciante a información que necesitaba. Deixounos, ademais, no Centro, a presentación en Power Point, da súa charla por se os alumnos quixeran dispoñer dela. Moitas grazas, Hipólito, pola túa xenerosidade!
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+