Pais/Nais
Saídas Extraescolares
O 13 de Maio, o alumnado de 1º Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía visitou o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, acompañados polas profesoras Isabel Martín e Olga Mijón nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O obxectivo era coñecer as novas instalacións do Museo, realizando un percorrido guiado polos distintas salas, observando os dioramas que representan os ecosistemas de augas continentais, bosque morno, os cantís atlánticos; observando a colección de malacoloxía; a colección de Minerais, rochas, fósiles e meteoritos e incluso a fauna máis característica da selva sudamericana e da sabana africana.
O 7 de maio o alumnado de 2º ESO, acompañado polos profesores/as D. Casto Fernández, D. Xesús Oreiro, Dª Laura Rodríguez e D. Matías Rodríguez, asistiu á proxección da película Enrugas na Fundación Barrié.
A actividade realizouse coa colaboración da asociación AFAGA.
O obxectivo era achegar de forma dinámica e didáctica a realidade das persoas que sofren alzheimer aos máis novos da casa.
O 23 de abril o alumnado de 3º ESO A e C, acompañados polas profesoras Dª Ana Labrador e Dª Pilar Vieites, visitaron as instalacións da fábrica de froitos secos El Nogal e fixeron un percorrido pola área arqueolóxica de Mogor.
O 21 de abril o alumnado de 4º ESO A e 3º ESO C, acompañado polas profesoras Dª Mª Ángeles Fernández e Dª Laura González, realizou unha visita a Escola Municipal de Música Tradicional e Folk do Concello de Vigo.
Na visita tiveron a oportunidade de gozar dun Concerto didáctico no Auditorio Milladoiro. Despois realizaron un percorrido guiado polo Obradoiro de Luthería Antiga da Escola Municipal de Artes e Oficios e polo Obradoiro de Construción artesanal de Instrumentos Musicais de dita escola.
O alumnado de 1º ESO do IES Rosais 2 realizamos unha saída o día 22 de abril, ao Acuario do Río Miño e o Museo de Artes Antigas de Pesca en Vilanova de Cerveira. Alí vimos as diferentes especies de peixes do río, tamén dúas lontras chamadas Eureka e Einstein, aínda que non todos tivemos a posibilidade de ver a Einstein.
Patricio, un biólogo, explicounos as características dos anfibios e tamén puidemos ver algúns deles.
Despois da comida fomos á catedral de Tui, onde un guía nos explicou a súa historia e ensinounos algunhas reliquias antigas, máis tarde puidemos ver a paisaxe do río Minho dende a gran torre.
¡Foi unha experiencia inesquecible!
Kevin Ferreño Domínguez (1º ESO B)
Este ano dous equipos de 4º ESO participaron no Rally de Ciencias sen Fronteiras, concurso organizado por Igaciencia.
Os alumnos/as de 4º eso C, Antonio Bandeira Martínez, David Búa Teijeiro, Sabela Corral Canda, Irea García Fernández, Andrés Gil Fernández, Hugo Martínez Rey, Mª Uxía Miranda Martínez e Héctor Santorum Ruiz, gañaron a final autonómica celebrada o día 8 de Abril en Santiago de Compostela.
Ademais de recibir os agasallos polo premio acadado os alumnos/as visitaron as Facultades de Química e Física da Universidade de Santiago de Compostela.
O 24 de Maio, representarán a comunidade galega na fase final do concurso que terá lugar en Toulouse (Francia) acompañados polos profesores Juan Carlos Ares (Departamento de Física e Química) e Olga Mijón (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) responsables da actividade.
!PARABÉNS!
O 12 de marzo alumnado voluntario de 3º ESO B e 4º ESO A, acompañados pola profesora Dª Pilar Vieites, participaron no Obradoiro de Papiroflexia organizado pola Fundación Barrié.
O 26 de marzo o alumnado de TIC de 1º Bacharelato, acompañado pola profesora Dª Marta Estrada, realizou dita actividade.
O alumnado compartiu unha clase do curso de Estimulación Cognitiva para maiores de 65 anos nas aulas Cemit do Concello de Vigo.
O 18 de marzo alumnado de 3º ESO, acompañados polas profesoras Dª Natalia Goyanes, Dª Olga Mijón e Dª Pilar Vieites, realizou dita actividade.
A actividade estivo destinada a mellorar a comprensión sobre o funcionamento do cerebro. No taller didáctico realizaronse experiencias destinadas a mellorar dita comprensión.
O programa constaba dos seguintes temas: Antecedentes históricos, electricidade e cerebro, mapeando o cerebro, construindo a realidade, química do amor e tecnoloxía e cerebro.
A semana do 28 de febreiro ao 7 de marzo, alumnado de terceiro da ESO de alemán, acompañado polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª María Otero, realizou un intercambio co Luise Büchner Schule en Gross Gerau, Alemania.
Os obxectivos principais do intercambio foron: mellorar a aprendizaxe da lingua alemá e o coñocemento da cultura alemá compartindo a vida en familias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+