Pais/Nais
Saídas Extraescolares
O 16 de Febreiro, o alumnado de 4º E.S.O. B e C visitou a Misión Biolóxica de Galicia, centro do Consello Superior de Investigacións Científicas. A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Dª Isabel Martín e Dª Olga Mijón. A saída tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven as liñas de investigación da M.B.G., que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (vide, millo, brasicáceas, leguminosas e especies forestais) empregando técnicas de biotecnoloxía vexetal.
O alumnado visitou as dependencias da MBG, recibindo diversa información sobre :
- A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
- Proxección dun documental sobre as plagas que afectan ás especies forestais.
- Percorrido polas zonas onde realizan os cultivos experimentais e os laboratorios.
- Determinación das variedades de vide mediante o emprego da ampelografía, os estudos que realizan sobre viñedos e a posible utilidade dos residuos obtidos na fabricación do viño para producir aceites e biocarbón.
- Observación de distintas variedades de leguminosas de interese comercial por ser ricas en proteínas e a metodoloxía empregada para determinar as enfermidades que lles afectan.
- Obtención de variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a diversidade xenética. Observación de mazarocas de distintas variedades (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…).A creación dun banco de xermoplasma que contén sementes de 80 variedades de millo. Información sobre as principais plagas que afectan a este cultivo, examinando mazarocas afectadas pola eiruga do taladro.
- Información sobre os compostos presentes en especies de brasicáceas, os glicosinolatos - con propiedades anticanceríxenas, presentes no repolo, berzas, brócoli. Observación de exemplares de Arabidopsis, unha planta empregada como modelo xenético. As Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…) e as técnicas de conservación das sementes.
O 17 de febreiro o alumnado de primeiro de bacharelato A e B, acompañados polas profesoras Dª Victoria Cobas e Dª Marina González, visitaron o Domus, o Aquarium Finisterrae e o MUNCYT na Coruña.
O 25 de Xaneiro, os alumnos de 2º BACH A, B e C, acompañados por D. Juan Carlos Ares, Dª Charo Lucas e Dª Olga Mijón, visitaron as instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa e o Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CIQUS) da USC.
A visita ao Observatorio permitiu coñecer a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller, o funcionamento e tipos de telescopios astronómicos, o emprego doutros instrumentos coma o heliógrafo, o reloxo atómico de cesio e o traballo que realizan os investigadores especializados no estudo de estrelas dobres e exoplanetas, a observación de bólidos, a colaboración coa AEMET (axencia estatal de metereoloxía) mediante os datos metereolóxicos rexistrados e e ademáis abordar temas moi interesantes como a búsqueda de vida no universo, o emprego de sondas, as alineacións planetarias,as actividades que realiza o observatorio, etc.
Nos laboratorios do CIQUS o alumnado levou a cabo a síntese de paracetamol e ácido acetilsalicílico e realizou unha visita aos laboratorios de instrumentación onde recibiu explicación básica dalgunhas técnicas de análise (cromatografía de gases, HPLC) e de determinación estrutural (espectrometría de masas, espectroscopía IR e RMN).
Ademais mostráronselles diferentes experimentos : reacción oscilante, ensaio de Tollens, polimerizacións e experiencias con N2 líquido e xeo seco.
O 13 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO, acompañado polos profesores Dª Susana Puente e D. Manuel Quinteiro, realizarou unha visita á pista de xeo.
O 16 de novembro o alumnado de 4º de ESO B e da materia de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato, acompañado polas profesoras Dª Ángeles Fernández e Dª Marina González, realizarou unha visita as instalacións do parque eólico experimental de Sotavento.
O 30 de setembro o alumnado de 2º de ESO, acompañado polos profesores Dª Susana Puente e D. Manuel Quinteiro, realizarou unha excursión a Ecoparque en Marín.
O alcalde de Vigo recibiu ao alumnado ganador do Rally Científico 2015.
O 22 de Maio, os alumnos de 4º ESO que gañaron a final autonómica do Rally de Ciencias: Antonio Bandeira Martínez, David Búa Teijeiro, Sabela Corral Canda, Irea García Fernández, Hugo Martínez Rey, Mª Uxía Miranda Martínez e Héctor Santorum Ruiz, representaron ao Centro na final internacional do Rally Científico sen Fronteiras celebrada en Toulouse (Francia). A proba foi organizada conxuntamente por Igaciencia e a Universidade Paul Sabatier. Os alumnos competiron formando equipo co resto de gañadores autonómicos do Rally Matemático - IES A Sangriña (A Guarda), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) - e conseguiron gañar o concurso.
A viaxe tamén permitíu coñecer a “Cité de l’espace” un parque temático situado en Toulouse onde hai unha réplica da nave espacial Ariane 5, a nave Soyuz, a estación espacial Mir, o satélite Meteosat, o robot Curiosity que viaxou polo solo de Marte e diversas salas con exposicións interactivas e proxeccións de audiovisiais en 3D. Ademáis foi posible visitar a cidade medieval de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias dos alumnos.
Fragmento da “Chanson du Rallye”:
“Les mathématiques
La Biologie, chimie et la physique
Travail en équipe
On cherche, on discute, c’est fantastique”
Os días 22 e 23 de maio o alumnado de 3º ESO, acompañado polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª Luisa González, realizaron una excursión a Quiroga.
O alumnado de 3º ESO A e C, acompañado polas profesoras Dª Ana Cosme e Dª Mª Antonia Pascual, participaron, un ano mais, na realización de esculturas na area na praia da Lanzada.
Formaronse equipos e construíron castelos na area.
Moitas grazas aos organizadores por facer posible esta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+