Pais/Nais
Saídas Extraescolares
O día 26 de setembro o alumnado de 3º E.S.O. B participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Teresa Blanco e Victoria Cobas. A saída tivo como obxectivo visitar as illas Cíes para apreciar a súa gran riqueza natural, a súa flora e a súa fauna.
Ao chegar a illa de Monteagudo, fíxose un percorrido pola praia de Rodas desde o seu extremo norte continuando a través do sistema dunar de Muxieiro para chegar ao Lago dos Nenos, un lugar ideal para o refuxio e a cría de multitude de especies e unha das zonas de maior interese ecolóxico e fraxilidade do Parque Nacional. Unha vez cruzado o dique que une a illa de Monteagudo coa de Faro, comezou a subida ata o miradoiro da pedra dá Campá, terminando no observatorio de aves desde o cal púidose contemplar as gaivotas patiamarelas que aniñan nos cantís e mesmo algún grupo de corvos mariños moñudos que se decantan polas zonas máis próximas ao mar para establecer os seus niños. Ao mesmo tempo, o alumnado puido gozar dunhas impresionantes vistas do Lago e da praia de Rodas.
maio, o equipo de 4º ESO do IES Rosais 2 integrado por Jorge Abuín Pimentel, Ana María Álvarez Martínez, Yago García Araújo, Nicolás Infestas Carazo, Francisco López Fernández, Carmen Lorenzo Alonso, Guillermo Pérez de Lis Louro e Andrés Vila Sías, que tras gañar a final autonómica do VI Rally de Ciencias, participou por cuarto ano consecutivo na final internacional organizada polo Institut de Recherche pour l’Enseignement des Sciencies en colaboración con Igaciencia celebrada na Universidade Paul Sabatier Toulouse III.
O alumnado viaxou a Toulouse acompañado do profesorado responsable da actividade Juan Carlos Ares Rodríguez (Depart. Física e Química) e Olga Mijón Pedreira (Depart. Bioloxía e Xeoloxía). A estancia en Toulouse permitíu observar a arquitectura característica de Toulouse e algúns edificios emblemáticos como a Cathédrale St-Etienne, a Basilique Saint Sernin, a Place du Capitole, a Pont Neuf, o Canal du Midi; a visita o Muséum d’Histoire Naturelle que alberga en 3000 m2 de exposición unha importante representación de mostras xeolóxicas, biolóxicas e un xardín botánico, que mostran a relación entre o ser humano, a natureza e a contorna e os xardíns Compans Caffarelli incluíndo o xardín xaponés. Ademáis foi posible visitar a Cité Médievale de Carcassone, que expón a obra contemporánea de Felice Varini, “Cercles concentriques excentriques” para conmemorar o 20 aniversario da inscrición da cidade como Patrimonio da Humanidade.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias do alumnado.
Fragmento da “Chanson du Rallye”:
“Les mathématiques
La Biologie, chimie et la physique
Travail en équipe
On cherche, on discute, c’est fantastique”
O 27 de abril, o alumnado que cursa a materia de Xeoloxía acompañado pola profesora Olga Mijón, visitaron o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A saída didáctica tivo como obxectivo realizar unha práctica de campo de Xeoloxía realizando un percorrido xeolóxico pola Illa de Monteagudo e a Illa do Faro. O alumnado pudo comprobar a constitución xeolóxica das illas, observando estruturas e formacións representativas. Durante toda a xornada de traballo recibiron diversa información sobre procesos como a formación das Rías Baixas e das Illas Cíes, a evolución dos cantís, a formación das furnas, alvéolos, pías, tafoni (Pedra da Campá), as unidades que forman o sistema barra-lagoon (Lagoa dos Nenos), formación das dunas (sistema dunar do Muxieiro), os diferentes tipos de praias (Rodas, Figueiras, Areíña, Carracido) e a observación das praias fósiles do período Eemiense. Ademais, aproveitando os itinerarios aportaronse datos sobre a fauna e a flora mais característica do Parque Nacional: colonias de aves mariñas, reptiles, especies dos fondos mariños, especies endémicas,…
O alumnado de música de 1º de bacharelato e de 4º de ESO participou acompañados polas profesoras Dª Laura Rodríguez e Dª Ana Rubio no VII encontro de música de Galicia no Auditorio Mar de Vigo.
O 21 de Marzo, un grupo de 22 alumnos/as de 2º de bacharelato que cursan Ciencias da Terra e do Medio Ambiente visitaron a Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei (E.D.A.R.), actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polos profesores Eduardo González e Olga Mijón. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer as instalación e os procesos de depuración da principal depuradora do Consorcio de Augas do Louro.
O alumnado de música acompañado polos profesores D. Xesús Oreiro e Dª Laura Rodriguez visitou no Museo do Mar de Vigo a exposición do Pergameo Vindel.
O día 30 de novembro, o alumnado de 2º de bacharelato A e B, acompañados por D. Juan Carlos Ares e Dª Charo Lucas, visitaron as instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa e o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Este ano o grupo foi acollido na Facultade de Química onde recibiu información sobre os plans de estudos do centro e visitou os laboratorios do departamento de Química Analítica, onde o alumnado puido coñecer algunhas investigacións deste departamento e, ao mesmo tempo, determinadas técnicas de análise instrumental: cromatografía de gases, cromatografía líquida de alta presión (HPLC), espectrometría de masas.
Como en anos anteriores, a visita ao Observatorio aportou información sobre a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller, permitiu coñecer o instrumental científico do centro astronómico (tipos de telescopios astronómicos e o seu funcionamento, emprego doutros instrumentos coma o heliógrafo ou o reloxo atómico de cesio) e a súa actividade científica e investigadora: estudo de estrelas dobres e exoplanetas, observación de bólidos, colaboración coa Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) rexistrando os datos meteorolóxicos, ademais de abordar outros temas moi interesantes como a búsqueda de vida no universo, o emprego de sondas, as alineacións planetarias, etc.
No CIQUS o alumnado foi informado da labor investigadora do centro e levou a cabo o proceso de síntese de paracetamol. Para a caracterización do produto obtido utilizáronse técnicas de análise e de determinación estrutural nos laboratorios de instrumentación do centro: cromatografía de gases, espectroscopía IR e RMN. Para este fin, o alumnado recibiu as explicacións básicas necesarias e participou na preparación das mostras e na análise posterior dos resultados.
Ademais o grupo presenciou algúns experimentos curiosos de química: reaccións oscilantes, ensaio de Tollens, polimerizacións, identificación de olores e experiencias con N2 líquido e xeo seco.
O 19 de Outubro o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores/as Victoria Cobas, Olga Mijón, Eduardo González e María Otero, a saída tivo como obxectivo ampliar coñecementos de forma práctica, visitando o Aquamuseum do Rio Miño en Vila Nova de Cerveira e a Catedral de Santa María en Tui.
No Aquamuseum do Rio Minho o alumnado profundizou no estudo do ecosistema fluvial, na primeira parte da visita observaron diversos acuarios que recrean a fauna piscícola, autóctona e introducida característica de cada etapa do curso do río e finalizando na zona do esteiro. As especies observadas despertaron moito interese desde esturións, anguias, peixes mosquito, troitas, carpas, robalizas, sargos, linguados, sollas, etc. Ademáis recibiron información sobre os artes de pesca tradicionais que se empregaban na zona, e na visita tamén puideron observar unha lontra que está acollida no Centro.
A segunda parte da visita consistíu no desenvolvemento dunha práctica de laboratorio sobre o reino animal observando diversos espécimes de invertebrados e estruturas de vertebrados do medio mariño e terrestre.
En Tui realizamos unha visita guiada pola Catedral de Santa Maria, obra iniciada no século XII, en pleno estilo románico e posteriormente continuada aplicando o estilo gótico como queda constatado na fachada principal. O templo alberga un importante museo catedralicio, un claustro considerado unha soberbia obra do gótico e desde os xardíns contemplaron unha espectacular vista do río Miño.
Alumnado do IES Rosais 2, tras gañar a final autonómica do V Rally de Ciencias, participou por terceiro ano consecutivo na final internacional organizada polo Institut de Recherche pour l’Enseignement des Sciencies en colaboración con Igaciencia. A proba realizouse o 2 de Xuño na Universidade Paul Sabatier Toulouse III. O equipo de 4º ESO que representou ao Centro na final internacional en Francia, estivo formado por: Brais Castro Martín, Sofía Ferreiro Bello, Alberte Gil Gómez, Víctor Irisarri Piñera, David Padín Pico, Sara Rivas Pereira, José Manuel Sierra Rey e Iñaki Zabala Villar.
A estancia en Toulouse permitíu observar a arquitectura característica de Toulouse e algúns edificios emblemáticos como a Basilique Saint Sernin, o Museé des Augustines, a Place du Capitole, a Pont Saint-Pierre, e a visita o Muséum d’Histoire Naturelle que alberga en 3000 m2 de exposición unha importante representación de mostras xeolóxicas, biolóxicas e un xardín botánico, que mostran a relación entre o ser humano, a natureza e a contorna. Ademáis foi posible visitar a Cité Médievale de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias do alumnado.
Fragmento da “Chanson du Rallye”:
“Les mathématiques
La Biologie, chimie et la physique
Travail en équipe
On cherche, on discute, c’est fantastique”
Ó longo do mes de abril, o alumnado que cursa Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. participou nun “Obradoiro de Voluntariado Medioambiental” que tiña como obxectivo sensibilizar sobre a problemática dos impactos ambientais e a súa recuperación mediante accións de voluntariado. A actividade estaba integrada dentro do programa Voznatura, patrocinado polo xornal “La Voz de Galicia” e constou das seguintes actuacións:
O xoves 6/4/17, o biólogo da Asociación Fontaíña, Diego Rodríguez Vieites, impartiu una charla no instituto sobre o voluntariado medioambiental.
Posteriormente, o mércores 19/4/17 realizouse una xornada de limpeza de residuos sólidos no espazo natural da Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo), unha marisma de importante valor ecolóxico a nivel local. O alumnado estivo acompañado por monitores da Asociación Fontaíña e polos profesores do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía, Olga Mijón Pedreira e Eduardo González Martínez.
O alumnado participou dun modo moi activo na xornada de limpeza, retirándose un total de 90 kg de residuos deste importante espazo natural. Durante a mañá, autoridades do Concello de Vigo, Xunta de Galicia, representantes de La Voz de Galicia e Voznatura achegáronse á Xunqueira do Lagares para felicitar ó alumnado do IES Rosais 2 polo seu esforzo e compromiso na defensa do medio ambiente.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+