Pais/Nais
O mesmo mércores, 23, a profesora Laura Rodríguez Losada, xefa do Departamento de Música, asistiu con 7 alumnos, de 2º e 3º ESO á actividade ‘Quedamos no palco, quedamos coa clásica’, iniciativa do Centro Cultural Novacaixagalicia que achega, fóra do horario lectivo, os grandes recitais da clásica aos mozos coa Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia. Os centros educativos de Vigo dispoñen dun máximo de sete localidades por concerto para o alumnado e unha para o profesorado ou adulto responsable do grupo. É por isto que o noso Centro, en colaboración co Departamento de Música, ofreceu a posibilidade de asistencia a sete persoas de entre o noso alumnado para cada concerto, elixidas pola súa capacidade e disposición. O concerto comezou ás 20:30 e finalizou arredor das 22:30 da noite, e tal e como vén acontecendo nas anteriores ocasións nas que participamos, aos alumnos pareceulles unha experiencia novidosa, ademais de gozar moito desta iniciativa.
O mércores 23 de xaneiro visitou o noso Centro o doutor en Psicoloxía D. Hipólito Puente Carracedo, vicedecano do Colexio de Psicólogos de Galicia, co fin de orientar ao noso alumnado de 2º de Bacharelato acerca do currículo e futuras saídas en tres titulacións: Maxisterio, Psicoloxía e Pedagoxía, titulacións que el posúe, ademais da Diplomatura en Audición e Linguaxe. O conferenciante é autor de obras como Autoestima e aprendizaxe. Unha aportación empírica a través do debuxo ou A Autoestima no Ensino. Unha resposta práctica ó fracaso escolar . En palabras propias, estudou primeiro Maxisterio “coa única intención de ter autonomía económica e logo facer Psicoloxía”, o campo que lle apaixona tal e como transmitiu ao alumnado. Completou posteriormente a súa formación coa licenciatura en Pedagoxía, coa diplomatura en Logopedia e por fin doutourose en Psicoloxía. Hipólito Puente é o responsable da posta en marcha dun plano experimental que daría lugar ás aulas de educación especial, que logo se porían en marcha no resto de España.
Posteriormente entrou nos equipos psicopedagóxicos de apoio nos que se adicou á atención de alumnos con dificultades de aprendizaxe e de conducta. Cando os equipos desapareceron pasou a ser o xefe de Departamento de Orientación do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde segue hoxendía. Ao finalizar a charla, abriuse unha quenda de preguntas nas que o alumnado puido demandar do conferenciante a información que necesitaba. Deixounos, ademais, no Centro, a presentación en Power Point, da súa charla por se os alumnos quixeran dispoñer dela. Moitas grazas, Hipólito, pola túa xenerosidade!
O pasado luns 21 de xaneiro, os alumnos de 1º de Bacharelato de Ciencias da Saúde acompañados da súa profesora Mª Isabel Martín visitaron a Domus e o Acuarium Finisterrae, como parte das actividades complementarias que ten programado o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
No primeiro museo mediante actividades interactivas achegaronse á comprensión da composición, Morfoloxía e Fisioloxía do organismo humano, así como ós últimos avances sobre Xenética. Asemade coñeceron como se sintetizan os fármacos; para iso participaron na síntese dunha molécula precursora dun medicamento contra o Alzheimer , que neste momentos está en fase de experimentación no Parc Cientific de Barcelona.
A visita ó segundo centro permitiulles coñecer a flora e fauna viva máis representativa dos ecosistemas das nosas costas así como a importancia da investigación dos invertebrados mariños como fonte de fármacos.
Deste modo , o noso alumnado , disfrutou dunha xornada científica e de convivencia. Ata a próxima!
O martes 15 deste mes de xaneiro, un autobús trasladou á Escola Naval de Marín un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato para realizaren unha visita guiada polos puntos de interés da ENM: simulador de navegación, planetario, e pañol histórico.
Por outra banda, tiveron a posibilidade, única, de poder visitar o Buque-Escola Juan Sebastián Elcano, o cal hai 50 anos que non recala nas augas da ría de Pontevedra por estas datas, e polo cal foi o noso Centro un dos que tivo a posibilidade de visitalo.
Na visita acompañounos D. José Eladio Seco, profesor e Secretario do Instituto, ao cal se lle realizou unha entrevista que se emitiu ese mesmo día na TVG, e na que daba conta das impresións que produciran no alumnado as visitas realizadas.
O día 14 de xaneiro visitou o noso Centro o ex-alumno Luis Figueirido, estudante de 2º ano na Escola Naval de Marín. Dirixiuse aos estudantes de 1º e 2º de Bacharelato para ofrecerlles unha visión xeral da Escola Naval e incidir nos estudos que alí se ofrecen, especialmente interesantes porque a Escola, como Centro Universitario da Defensa, está adscrita á Universidade de Vigo e, polo tanto, imparte tamén a formación necesaria para que os futuros oficiais do Corpo Xeral e Infantería de Mariña obteñan o Título de Grao de Enxeñaría Industrial, Rama de Mecánica, adaptado ao novo plan universitario Bolonia. É dicir, ofrece a posibilidade de cursar simultaneamente as carreiras de Oficial da Armada e Enxeñeiro.
O pasado día 11 de xaneiro, Pablo Moreno, Mónica Rodríguez, Javier Estévez y Iago López, catro alumnos seleccionados polo seu óptimo rendemento académico, representaron ao noso Centro na Fase Galega da Olimpíada Española de Bioloxía, celebrado na cidade da Coruña.
Ademais de realizar as probas teórica e práctica, visitaron o edificio de Servizo de Apoio á Investigación no campus de Elviña, onde tiveron a oportunidade de participar en actividades de achegamento á Bioloxía. Pola tarde, fixeron unha viaxe ao interior do cerebro da man do biólogo e neurocientífico Xurxo Mariño, coa súa conferencia "Unha viaxe a través da mente".
ENTREGA DE PREMIOS MELLORES NOTAS 1ª AVALIACIÓN CURSO 2017-18
ENTREGA DE PREMIOS MELLORES NOTAS 1ª AVALIACIÓN CURSO 2016-17
ENTREGA DE PREMIOS MELLORES NOTAS 1ª AVALIACIÓN CURSO 2015-16
GAÑADORES DO RALLY CIENTÍFICO EN TOULOUSE
GAÑADORES DO RALLY CIENTÍFICO SEN FRONTEIRAS 2015
ENTREGA DE PREMIOS MELLORES NOTAS 1ª AVALIACIÓN CURSO 2014-15
ENTREGA DE PREMIOS MELLORES NOTAS 1ª AVALIACIÓN CURSO 2012-13
ENTREGA DE PREMIOS MELLORES EXPEDIENTES CURSO 2011-12
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+