Pais/Nais
O pasado xoves 6 de novembro, xunto co alumnado de 2º da ESO puidemos gozar dunha amena charla da tan premiada escritora Fina Casalderrey, despois de termos lido o seu libro A Pomba e o Degolado.
O domingo 12 de octubro chegou a Vigo o alumnado do Lycée Cours Fénelon.
Pasaron unha xornada de moito movemento: Participaron das actividades do noso Centro, estiveron de excursión en A Guarda e Santiago, compartiron tempo en familia e coñeceron a nosa cidade.
Ás nove da maña do 2 de outubro o alumnado de primeiro de ESO, acompañados polas profesoras Dona Susana Puente y Dona María Dieguez, subía nun vitrasa rumbo á Escola de Vela en Bouzas.
Alí practicarían as actividades deportivas de vela e Kayak dirixidos por monitores especializados.
Foron momentos divertidos descubrindo deportes, momentos de compartir experiencias novas cos compañeiros e compañeiras.
O trinta de setembro, un ano máis, o alumnado de TIC saíu a percorrer as rúas de Vigo na procura de plasmar o contorno desde outra mirada.
De novo a cor, os espazos baleiros, a auga, as profesións e os retratos foron os protagonistas deste percorrido que nos levou desde o noso Centro ata o Museo Marco.
Transitamos polas rúas do centro e as do casco vello. Paramos na Alameda e os xardíns de Elduayen. Descubrimos a historia do “Cable inglés” nos recentemente inagurados xardíns no peirao de trasatlánticos, onde a presenza dun inundábao todo. Pasamos diante da escultura da glorieta de A Laxe, observamos a figura paraboloide, para despois, desde o alto, parados na pasarela, volver mirala desde outra prespectiva.
No Marco esperabannos as exposicións “Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento” e “SCORE, o espazo entre imaxe e son”.
Na primeira observando as imaxes, ao tempo que as monitoras nolas ían descubrindo, fomos partícipes do estreito vínculo que pode haber entre a arte, o coñecemento e o saber científico.
Na segunda tomaba protagonismo a relación entre a imaxe e son. Gozamos do cinema experimental.
Compartimos e aprendemos.
O alumnado de 2º da ESO acompañado polas profesoras Dona Susana Puente e Dona Lucia Alonso visitou as instalacións do "Ecoparque" en Marín.
O pasado do 25 de setembro de 2014, o alumnado de Debuxo de 2º bacharelato A, acompañado polo seu profesor, Don Carlos García, achegouse á Fundación Barrié para admirar a fantástica montaxe da exposición sobre arquitectura co nome "Compañeros de Oficio", na que se pretendía dar a entender a vinculación que existe entre os arquitectos con maiúsculas do século XX e a arquitectura tradicional nas diferentes partes do globo.
A parte de visita guiada, que resultou moi clarificadora, a exposición estaba ambientada non só con planos e paneis informativos, senón tamén con maquetas dos diferentes proxectos elixidos, nos que aparecían tanto os exteriores como os interiores dalgunhas delas. Un traballo exquisito.
Todo un luxo, incluído o comportamento dos rapaces, que foi exemplar.
Entre as actividades de fin de curso do IES ROSAIS 2 os alumnos de Relixión de 1º ESO, baixo a dirección do seu profesor Miguel Martínez, representaron para os seus compañeiros unha obra teatral co título de A caixa misteriosa. Na obra hai unha caixa, un psiquiátrico, un grupo de descoñecidos no camiño de Santiago, hai tolos e asisados... Todos eles concorren para nos falar de soños. Soñar como primeiro paso para acadar o soñado; soñar inda que semelle distante, imposible, mesmo loucura; soñar para que estes rapaces fagan realidade as mellores de tantas cousas posibles. Ben se ve que cualidades non lles faltan.
Durante as últimas semanas do curso realízanse distintas exposicións.
Os alumnos de Educación Plástica e Visual de 1º,3º,4º mostran nunha exposición os resultados de moitas horas de traballo. Interpretacións, arte en tres dimensións, figuras imposibles, ilusións ópticas, deseño gráfico, litografía, debuxos de fractales, retratos e autorretratos.
Todos estes traballos están cargados de gran inventiva creación e destreza polo que, os seus profesores , Mª Antonia Pascual e Carlos García, séntense moi orgullosos.
Despois dunha 1ª fase de clasificación no instituto IES Santa Irene, no que tiñamos que escribir un pequeño relato a partir dunha fotografía que tiña como tema base a auga doce, e con máis de 500 participantes, tres alumnas de 2º de ESO do noso IES fomos seleccionadas para ir á entrega de premios celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 6 de xuño; Candela González, Ana Sanuy e eu mesma, Ana R. Cervino.
Mentres esperabamos o ansiado momento e co correspondente desacougo por coñecer o/a primeiro premio, fixemos una visita guiada pola exposición sobre a auga (pura coincidencia co tema do noso relato) de máis ou menos una hora de duración e na que puidemos ver cadros e esculturas de autores como Óskar Kokoshkar e Leiro.
Sobre as sete da tarde comezaba o acto. Nominaron por sectores. No sector de Vigo, quedou en 6º posto Candela Gónzalez, no 3º posto saiu Ana Sanuy. Eu xa estaba a poñerme moi nerviosa, tan só quedaban os dous primeiros postos. ¿E se quedaba de 1ª? E comezaron a chamar ós segundos. Soou entón o meu nome. As do instituto Rosais 2 ocuparamos os postos pares. Nominaron logo ós primeiros por sectores e, tras una foto de familia, o nome da gañadora a nivel galego: Paula Rodríguez Franco do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao, que irá unha semana a Madrid onde se reunirá con todos os gañadores das distintas Comunidades Autónomas para participar nun obradoiro literario a cargo de escritores e escritoras recoñecidos.
Todo o acto estivo salpicado de pequenos sketchs que parodiaban as redes socias e o mal que poden facer ás relacións persoais. Iso fixo que fose ameno, fluído e dinámico.
Por último, un catering que ninguén esperaba (moi saboroso por certo). E todos voltamos a casa. Para o ano que vén máis e mellor.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+