Pais/Nais
O 16 de decembro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "¿Agora que fago? Claves para a elección da túa carreira profesional".
Dona María Belén Charro Baena, profesora do departamento de Psicoloxía da facultade de Ciencias Humanas e Socias da Univesidade Pontificia de Comillas ICAI-ICADE, foi a relatora da mesma.
A relatora intentou solventar dúbidas tales como: Capacidade e aptitude para os estudos desexados, oportunidades profesionais, como facer que nos contraten, notas de acceso e bolsas de estudos.
Deu unha serie de recomendacións: coñécete a ti mesmo/a: o teu carácter, as túas fortalezas e debilidades personais, os teus intereses e afeccións, os teus valores; e coñece as distintas opcións (perfil profesional e comparativa das distintas ofertas).
Quedámonos con algunhas das súas frases: "O traballo non espera, e menos agora", "Cando hai pouco traballo haberá que inventalo:detecta as necesidades da sociedade e dálle resposta", "Ter un bo expediente sempre axuda moito aínda que en certas ocasións non basta, o teu currículo é tamén importante", "A personalidade cambia moi pouco".
O 12 de decembro organizouse a charla-coloquio "Estudar na Escola Naval" dentro do programa de charlas de orientación profesional destinadas ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Foi o antigo alumno do centro Luis Carlos Figueirido, guardiamarina de 2ª, o ponente da mesma.
Dunha maneira clara acercou os estudos impartidos na Escola Naval Militar de Marín e indicou os requisitos e probas que deben superar o alumnado que estea interesado en realizalos.
O 11 de decembro organizouse o charla-coloquio "Protección Ambiental" para o alumnado de 3º de ESO.
Membros de Agareso deron a coñecer os problemas medioambientais e o proxecto que levan a cabo no Salvador.
Proxectouse un documental e realizouse un debate de como evitar os desastres naturais e como protexer o ámbito natural.
O venres 28 de novembro iniciouse o Ciclo de charlas de orientación profesional destinadas ao alumnado de 2º de Bacharelato coa charla-coloquio "Un futuro incerto: claves para o éxito académico".
Don Pedro Pablo Gallego, catedrático de Bioloxía vexetal e Ciencia do Solo na facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, foi o relator.
Cun ton cercano e ameno tratou de dar a coñecer ao alumnado as distintas opcións que teñen para elixir a súa carreira profesional.
Foron moitas as dubidas que formulou o alumnado, e tanto foi así que ao rematar a charla aínda quedaban moitos alumnos e mais alumnas rodeando ao relator facéndolle preguntas.
Temos que agradecerlle ao relator a amabilidade que mostrou quedando máis alá do tempo programado tratando de solventar todas as dúbidas.
O departamento de Economía organizou a charla-coloquio "Educación Cívico-Tributaria" para o alumnado de Economía de 1º de Bacharelato.
O relator, Guillermo Súris, captou a atención do alumnado desde o primeiro momento.
O 21 de novembro tivo lugar no noso centro a charla-coloquio "A túa seguridade é o noso compromiso"; destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Organizada polo Vithas hospital Nuestra Señora de Fatima en colaboración coa DGT e a unidade de Educación Vial da Policia Local de Vigo.
Tratouse de temas tan importantes como: Siniestralidade, custes, adolescencia e tráfico, ferramentas preventivas, factores de risco(alcohol, drogas, velocidade, distraccións), peóns e responsabilidade.
Emilio de Villota, quen é un referente no mundo do automobilismo, actuo como embaixador.
O 11 de novembro o alumnado de 3º da ESO A e B foi á Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (ARVI), acompañado polas profesoras Dª Marina González e Dª Pilar Vieites. Alí explicóuselles a función da Cooperativa. Visitou a exposición “El arte de pescar” onde se lle indicou cales son as tres artes de pesca máis representativas da frota galega e en que consisten. Rematou a visita cun percorrido polas instalacións do lavado de caixas de peixe e polos arredores do porto onde viu distintos barcos de pesca.
O 13 de novembro os nenos e nenas de terceiro da E.S.O visitaron o Auditorio do Centro Cívico.
O home e a muller que contaron os contos conectaron cosnosco dende o primeiro instante, contando a historia de forma amena e divertida.
Dixéronnos que fixeron as historias para una ONG que quería facer algo diferente.
O teatro tivo moito éxito é as historias imapactaronnos moito.
(Lucas Méndez Puga)
O 17 de Novembro o alumnado de 2º Bacharelato B que cursa Ciencias da Terra e do Medio Ambiente participou nunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado pola profesora Dona Olga Mijón Pedreira. A saída tivo como obxectivo ampliar coñecementos, visitando e participando nas actividades celebradas na ETSE de Minas (Universidade de Vigo) durante a Semana da Ciencia 2014 “Enerxía, Materiais e Medio Ambiente”.
O alumnado visitou as dependencias da ETSE de Minas e recibíu diversa información sobre:
- Obtención de imaxes cunha cámara termográfica e as súas aplicacións nos estudios de eficiencia térmica de edificacións e deteccións de avarías.
- Importancia do emprego de enerxías alternativas, concretamente sobre a enerxía procedente da biomasa (pellets, residuos da produción de alimentos como a cáscara de améndoa, ósos de aceitunas,…. ). Información sobre a coxeneración e visualización do funcionamento dun Motor Stirling, motor de coxeneración que permite a obtención de enerxía e calor a partir de gas.
-Explicación sobre as particularidades dos explosivos (dinamita, riogel, goma2,…) empregados nas voaduras controladas realizadas para obter minerais, rochas e nas obras de construción de infraestruturas civís.
-Información sobre o emprego de polímeros para fabricar envases (PET, envases plásticos para alimentación, materiais para a industria aeronáutica, da construción,…), a confeción de envases metálicos, aportacións das aleacións. O alumnado tamén se informou sobre a elaboración dunha espuma que funciona como illante térmico nas edificacións.
-Por último unha demostración activa de manexo dun láser 3D empregado para obter imaxes tridimensionais empregadas para a construción de diversas estruturas e presentación doutros métodos empregados nos estudos de campo GPS, xeo-radar.
O 11 de novembro o alumnado de 4º da ESO foi ao auditorio municipal. Alí tivo lugar o obradoiro destinado a sensibilizalo coa problemática da violencia de xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+