Pais/Nais
Saídas Extraescolares
PRÁCTICA DE CAMPO DE XEOLOXÍA: ILLAS CÍES
admin — Mér, 29/05/2019 - 13:41
O alumnado que cursa a materia de Xeoloxía, no mes de maio, visitou o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia acompañados pola profesora Olga Mijón.
VIII ENCONTRO DO ALUMNADO DE MÚSICA DE GALICIA
admin — Mér, 29/05/2019 - 13:31
Alumnado de música de 4º ESO A, B, C, 1º Bacharelato C e D, participaron o 30 de abril no VIII ENCONTRO DO ALUMNADO DE MÚSICA DE GALICIA, que ten como obxectivo dar a coñecer o traballo que o alumnado realiza nas clases de música. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Laura Rodríguez e Ana Rubio.
RALLY CIENTÍFICO – MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS: FINAL AUTONÓMICA
admin — Mar, 21/05/2019 - 02:01
No mes de abril o equipo de 4º ESO B do IES Rosais 2 integrado por Álvaro Caamaño González, Rodrigo González Pinto, Carlos González-Portela Lado, Kevin Guillán Moscoso, Ainoa López Rey, Lucas Miranda Martínez, Noa Rivada López, Ariadna Villar Canitrot que tras superar a fase de Centro do VII Rally de Ciencias, participou por cuarto ano consecutivo na final autonómica organizada por Igaciencia celebrada na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.
Este ano o equipo acadou o segundo premio, a moi corta distancia do primeiro clasificado. A actividade foi preparada polos profesores Juan Carlos Ares Rodríguez (Depart. Física e Química) e Olga Mijón Pedreira (Depart. Bioloxía e Xeoloxía).
SPELLING BEE 2019
admin — Lun, 20/05/2019 - 01:51
Os alumnos de 3º ESO B Diego Fariña e Martín Barcia participaron na XV edición do concurso de deletreo " Spelling Bee" organizado por School House. Este ano non obtivemos premios pero conseguiron deletrear palabras de gran dificultade. Parabéns e a seguir mellorando e deletreando!
CERTAME PROVINCIAL DE REGUEIFA
admin — Lun, 20/05/2019 - 01:29
13 alumnos/as de 2º E.S.O.B e 3º E.S.O. A participaron na I Mostra Provincial de Regueifa de I.E.S. Pontevedreses celebrada no Auditorio do CVC de Valadares. O alumnado puido poñer en práctica o aprendido nos obradoiros didácticos recibidos no Centro e a alumna Sabela Prieto de 2º ESO B quedou finalista. A actividade está promovida pola Área de Cultura e Lingua Galega da Diputación de Pontevedra e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Ana Rubio e Laura Rodríguez.
VISITA Á E.D.A.R. DO LAGARES
admin — Sáb, 04/05/2019 - 00:36
O 30 de abril, un grupo de 18 alumnos/as de 2º de bacharelato que cursan Ciencias da Terra e do Medio Ambiente visitaron a Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares (E.D.A.R.), actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Olga Mijón e Concepción Pérez. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer as novas instalacións da E.D.A.R de Vigo e permitíunos coñecer os procesos de depuración da maior E.D.A.R. de Galicia.
VISITA Ó PALACIO DA BOLSA DE OPORTO
admin — Mér, 10/04/2019 - 13:27
O 7 de marzo o alumnado de Economía de 2º de Bacharelato visitou o Palacio da Bolsa de Oporto, acompañados das profesoras D.ª Ángela Fissgus e D.ª Fernanda Moneo.
VISITA Ó MUSEO DO POBO GALEGO
admin — Mér, 27/03/2019 - 12:34
O día 15 de marzo o alumnado de 2º da ESO A, B e C acompañados polas profesoras Liliana Carro e Susana Puente visitaron o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, para coñecer de preto a figura de Antón Fraguas, un dos seus fundadores e a quen este ano lle adican o Día das Letras Galegas. Fixeron un xogo, coñeceron as distintas salas e ao rematar visitaron o Panteón dos Galegos Ilustres, en San Domingo de Bonaval. Ademais aproveitaron que estaba a exposición "Alba de Gloria" de Castelao, e escoitaron o último discurso que deu o escritor. Para completar a mañá, a través da realidade virtual, a Santa Compaña de galegos ilustres pasou ao seu lado e algúns case foxen a escape.
SEMANA BRANCA 2019
admin — Mér, 13/03/2019 - 14:27
O Departamento de Educación plástica e visual en colaboración co Departamento de Educación Física levou a cabo un ano máis a viaxe á estación de esquí de Boi Taüll en Lérida. A actividade desenvolveuse entre os días 23 de febreiro e o 1 de marzo. O grupo estivo formado por 35 alumnos de 4º ESO e o profesorado acompañante foi Carlos García, Adrián Martínez e Adriana Arca. Durante esa semana o alumnado estivo recibindo clases de esquí na estación de Boi Taüll e tamén visitaron o Museo Fundación Jorge Oteiza.
Language Planning
admin — Lun, 04/03/2019 - 00:00
O mércores 23 de xaneiro, o alumnado de 2º de bacharelato, acompañado polas profesoras Dª Sabela Lado e Dª Ana Gago, do Departamento de Lingua Galega, tivo a oportunidade de asistir á representación de "Language Planning" no IES República Oriental do Uruguai, obra cuxa montaxe produce e dirixe o coñecido grupo de "Os Quinquilláns". A montaxe teatral, de carácter cómico e retranqueiro, parte da observación cotiá da sociolingüística galega, e consiste nunha reinterpretación dos relatos da obra de Sechu Sende, Made in Galiza, lectura que hai tempo se traballa co noso alumnado no nivel de 2º de bacharelato. A función tivo unha duración de aproximadamente 1 hora, na cal desfrutamos dos diferentes retallos que Tero Rodríguez e Lucho Penabade, os actores en escenario, ofreceron.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+