Pais/Nais
Inglés
O departamento de inglés do IES ROSAIS2, organizou un ano máis, por gentileza de Newlink, os Encontros con Nativos para estudantes de 2º e 3º ESO.
Os días 10, 12 e 13 de febreiro de 2015 os alumnos de 2ºB, 2ºC e 3ºC ESO asistiron ás conferencias de Lisa (de Irlanda) e Kevin ( de USA) que lles falaron sobre : The Cosmos and California Dreaming.
Un grupo de alumnos de 2º ESO B, Sección Bilingüe,aprenderon e bailaron unha danza típica escocesa coa nosa Axudante Lingüística, Rachel Kane. No vídeo podemos velos ataviados con típico sash de tartán (banda de cadros escoceses). A actividade axudoulles a coñecer unha parte da cultura británica máis de preto.
O 11 de marzo os alumnos de 2ºC-BAC sorprenderon a nosa Axudante Lingüística, Rachel Keane, que celebraba o seu 21 aniversario, cunha festa sorpresa no recreo.
Os alumnos de 1º ESO B Sección Bilingüe, aprenden o alfabeto e os nomes de animais cantando e debuxando.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+