Pais/Nais
Conferencias
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “ESTUDOS NA ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓN”
admin — Ven, 21/02/2020 - 04:03
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “ESTUDOS NA ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓN”
O 14 de febreiro celebrouse a charla-coloquio de formación profesional "Estudos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación”, impartida por D. Francisco Díaz Subdirector de Extensión-Universidade de Vigo.
CONFERENCIA "A LINGUA GALEGA: UNHA OPORTUNIDADE".
admin — Sáb, 08/02/2020 - 17:59
A lingua galega: unha oportunidade
Charla de Manuel Núñez Singala
O pasado mércores 5 de febreiro, o alumnado de 3º ESO A, B e C acudiu ao auditorio da Oficina Municipal de Distrito Teis, convidado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, para escoitar ao escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.
Singala desenvolveu a charla titulada A lingua galega: unha oportunidade. Neste relatorio, que acompañou dunha presentación audiovisual, convidou ás mozas e mozos participantes a reflexionar sobre o plurilingüismo e as posibilidades que nos ofrece o feito de termos dúas linguas, que non deben ser excluíntes. A través de distintas reflexións e enfoques sobre prexuízos sociais e culturais, comezou a achegarse á lingua galega presentando datos sobre a súa presenza na internet (buscadores, redes sociais, páxinas educativas e divulgativas,...), no mundo da tradución e na vitalidade da nosa lingua no contexto plurilingüe mundial, onde ocupa o posto 136 entre as 5000 linguas que se falan no mundo.
Presentou diversos experimentos sociolóxicos para demostrar como a sociedade está chea de prexuízos que debemos desbotar, entre eles os lingüísticos. A partir deles animounos a valorar a nosa lingua propia, a utilizala e a mantela viva, porque, alén de ser o celme da nosa cultura, serve tamén para abrirnos máis portas, comunicarnos con millóns de persoas no mundo e mellorar a nosa capacidade de aprender novas linguas. A actividade foi promovida polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e mais o Equipo de Dinamización Lingüística (EDL). O alumnado participante, 63 alumnos/as, estivo acompañado por Eva García, Alfonso Canella e Miguel Otero.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “GRADO EN ADE”
admin — Ven, 07/02/2020 - 19:21
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “GRADO EN ADE”
O 4 de febreiro celebrouse a charla-coloquio de formación profesional "Grado en Administración e Dirección de empresas”, impartida por D. Benito Gil profesor e director de organización e recursos do IESIDE.
CHARLA-COLOQUIO PLAN DIRECTOR: “XOGO ONLINE”
admin — Ven, 07/02/2020 - 02:40
CHARLA-COLOQUIO PLAN DIRECTOR: “XOGO ONLINE”
O 30 de xaneiro contamos coa presenza de D. José Manuel Alonso ,inspector da Policía Nacional que impartiu unha charla sobre xogo online para os grupos de 4º ESO A, B e C.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “CONECTADOS Á DIXITALIZACIÓN: OS PERFÍS DO FUTURO”
admin — Xov, 23/01/2020 - 22:38
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “CONECTADOS Á DIXITALIZACIÓN: OS PERFÍS DO FUTURO”
O 16 de xaneiro celebrouse a charla-coloquio de formación profesional "Conectados á dixitalización: os perfís do futuro”, impartida por D.ª Carlota Montaña-Sánchez Puga profesora e coordinadora da área de educación superior do IESIDE e AFUNDACIÓN.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑERÍA AMBIENTAL ”
admin — Mér, 15/01/2020 - 02:39
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑERÍA AMBIENTAL ”
O 10 de xaneiro retomando o ciclo de charlas de orientación profesional, organizouse a charla-coloquio “Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental". O relator foi D. Francisco Omil Prieto, catedrático de enxeñaría química e subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, centro docente da Universidade de Santiago de Compostela.
CHARLA “USA CULTURE”
admin — Mér, 08/01/2020 - 22:22
CHARLA “USA CULTURE”
Os/as alumnos/as de 2º ESO A e C asistiron a unha charla sobre cultura dos Estados Unidos impartida polo lector do Centro Giovani Santiago.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “¿AGORA QUE FAGO? CLAVES PARA A ELECCIÓN DE ESTUDOS OU CARREIRA PROFESIONAL”
admin — Dom, 22/12/2019 - 13:54
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “¿AGORA QUE FAGO? CLAVES PARA A ELECCIÓN DE ESTUDOS OU CARREIRA PROFESIONAL”
O 17 de decembro continuando co ciclo de charlas de orientación profesional organizouse a charla-coloquio “¿Agora que fago? Claves para a elección de estudos ou carreira profesional". A relatora foi a doutora en psicoloxía D.ª Belén Charro Baena, profesora do Departamento de Psicoloxía da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade Pontificia de Comillas ICAI-ICADE-CIHS.
CHARLA “UNITED KINGDOM CULTURE”
admin — Dom, 15/12/2019 - 20:49
CHARLA “UNITED KINGDOM CULTURE”
Os/as alumnos/as de 1º e 2º ESO asistiron a dúas charlas sobre cultura do Reino Unido impartida por Tammy Vera e patrocinada pola editorial Burlington.
CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA “A PROFESIÓN MÉDICA”
admin — Dom, 15/12/2019 - 20:38
CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA “A PROFESIÓN MÉDICA”
O 2 de decembro o doutor especialista en traumatoloxía D. Tomás Quinteiro do Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro e ex-alumno do centro, impartiu a charla de orientación “A profesión médica”, dirixida ao alumnado que cursa a materia de bioloxía en 2º de bacharelato B e C.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+