Pais/Nais
Dinamización Lingüística
A MUIÑEIRA DAS LETRAS.
admin — Sáb, 15/05/2021 - 21:29
Hai moitas maneiras de celebrar as cousas pero unha das mellores e máis divertidas é bailando. Despois de días e recreos a tope de ensaios o venres 14 chegou o gran momento: a muiñeira das Letras, nas que rapazada de distintos cursos da ESO bailou no patio ao ritmo da muiñeira do Morrazo interpretada polo gaiteiro Germán, alumno de cuarto. Foi unha fantástica experiencia e saíulles moi ben, asi que prometemos repetir.
ROSCO DA CULTURA GALEGA: ENTREGA DE PREMIOS.
admin — Sáb, 15/05/2021 - 20:53
O equipo de Lingualízate fixo a entrega de premios do Rosco da Cultura galega. Na categoría de bacharelato Andrea foi a única acertante do rosco completo. Para a categoría da ESO houbo dúas acertantes de todas as preguntas e dous que só fallaron unha. Parabéns e a seguir coñecendo a nosa Terra!
RECITAL DE XELA ARIAS
admin — Mér, 12/05/2021 - 20:59
Para coñecer algúns dos poemas de Xela Arias nada mellor que facelo na voz de alumnado do centro, neste caso de rapazas e rapaces de 4º A, que acompañados de música e fotografías ensínannos unha pequena mostra desta gran poeta
HOMENAXEADOS DAS LETRAS GALEGAS
admin — Ven, 07/05/2021 - 18:17
E se coñecemos aos homenaxeados/as das Letras Galegas dun xeito divertido a través das portadas dalgúns dos seus libros? Velaquí a nova proposta de Lingualízate!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.
admin — Ven, 07/05/2021 - 13:52
O día das Letras Galegas deste ano está adicado á poeta Xela Arias. Para coñecermos un pouco máis dela o alumnado de 4ºA preparou unha pequena exposición, onde podemos saber da súa vida, cales son os seus libros ou ler algún dos seus poemas, así como un pequeno percorrido por algunhas das súas fotos.
- Preguntas para 1º, 2º e 3º ESO | - Preguntas para 4º ESO e BAC |
PREMIOS DE RELATO CURTO "ANIMAIS ABRAIANTES"
admin — Lun, 26/04/2021 - 09:02
"O 23 de abril o equipo de Lingualízate fixo entrega dos premios de relato curto "animais abraiantes", que recaeron en rapazas de 1º e 3º de ESO. Velaquí algunha foto do emocionante momento e os relatos gañadores. Parabéns a todas!"
CONCURSO 8M
admin — Dom, 25/04/2021 - 22:06
ENTREGA DE PREMIOS
Os equipos de Igualdade e de Dinamización Lingüística do instituto fixeron a entrega do premio que convocaron con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso consistía na decoración das portas das aulas da ESO en homenaxe a distintas mulleres galegas pioneiras en distintos ámbitos. O primeiro premio foi para 3º ESO A polo seu traballo sobre a doutora Olimpia Valencia e concederon un accésit a 1º ESO C pola decoración que fixeron sobre a astrónoma Antonia Ferrín.
ENCONTRO CON INMA LÓPEZ E MARÍA REIMÓNDEZ.
admin — Dom, 25/04/2021 - 21:41
CICLO DE ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS GALEGAS
No instituto continuamos co ciclo de encontros con escritoras galegas. O alumnado de 4º ESO participou nunha charla en liña con Inma López Silva o día 26 de marzo e o alumnado de 1º BAC con María Reimóndez o día 16 de abril. As autoras falaron das súas obras e de porque escriben sobre temas como a igualdade e o feminismo. Durante o mes de maio o alumnado de 3º ESO tamén poderá participar neste ciclo.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+