Pais/Nais
Saídas Extraescolares
O pasado luns 21 de xaneiro, os alumnos de 1º de Bacharelato de Ciencias da Saúde acompañados da súa profesora Mª Isabel Martín visitaron a Domus e o Acuarium Finisterrae, como parte das actividades complementarias que ten programado o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
No primeiro museo mediante actividades interactivas achegaronse á comprensión da composición, Morfoloxía e Fisioloxía do organismo humano, así como ós últimos avances sobre Xenética. Asemade coñeceron como se sintetizan os fármacos; para iso participaron na síntese dunha molécula precursora dun medicamento contra o Alzheimer , que neste momentos está en fase de experimentación no Parc Cientific de Barcelona.
A visita ó segundo centro permitiulles coñecer a flora e fauna viva máis representativa dos ecosistemas das nosas costas así como a importancia da investigación dos invertebrados mariños como fonte de fármacos.
Deste modo , o noso alumnado , disfrutou dunha xornada científica e de convivencia. Ata a próxima!
O martes 15 deste mes de xaneiro, un autobús trasladou á Escola Naval de Marín un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato para realizaren unha visita guiada polos puntos de interés da ENM: simulador de navegación, planetario, e pañol histórico.
Por outra banda, tiveron a posibilidade, única, de poder visitar o Buque-Escola Juan Sebastián Elcano, o cal hai 50 anos que non recala nas augas da ría de Pontevedra por estas datas, e polo cal foi o noso Centro un dos que tivo a posibilidade de visitalo.
Na visita acompañounos D. José Eladio Seco, profesor e Secretario do Instituto, ao cal se lle realizou unha entrevista que se emitiu ese mesmo día na TVG, e na que daba conta das impresións que produciran no alumnado as visitas realizadas.
Opasado luns 22 de outubro, os alumnos de 1º ESO asistiron acompañados polas profesoras de Ciencias da Natureza, Mª Isabel Martín e Victoria Cobas, a unha charla-coloquio na Fundación Barrié de Vigo titulada Ciencia ou cine?
O cine, e particularmente o de ciencia-ficción utiliza a ciencia e a tecnoloxía como escusa recorrente para os seus argumentos. Para saber onde remata a ciencia e empeza a ficción, analizáronse fragmentos de películas e realizáronse experimentos que permitiron aos alumnos analizar dun modo crítico o que ven no cine así como achegarse a Ciencia dun xeito atractivo e lúdico.
O día 3 de outubro, os alumnos de 2º ESO acompañados polos profesores de Educación Física, Susana Puente e Manuel Quinteiro, acudiron ao ecoparque de Marín, onde se realizaron prácticas deportivas en contacto coa Natureza, en circuítos suspendidos nun piñeiral a diferentes alturas e con dificultade variable.
Nesta actividade puxéronse a proba as habilidades físicas e tamén a superación persoal dos alumnos.
CURSO 20011-2012
CONCURSO FIGURAS NA AREA
O xoves 24 de maio o alumnado de 3º ESO, acompañados polas profesoras Mª Antonia Pascual e Susana Puente, participaron na VIII edición "Creación e convivencia na praia da Lanzada" . O tema elixido nesta edición "Seres mitolóxicos de calquera cultura" inspirou os alumnos na creación de figuras na area.
SAÍDA AO ECOPARQUE DE MARÍN
O martes 22 de maio, os alumnos de 2º ESO fixeron unha actividade organizada polo Departamento de Educación Física no ecoparque de Marín, consistente en probas físicas nas que o equilibrio, a forza e o autocontrol foron os aspectos máis importantes.
30 ABRIL, VISITA A CELANOVA: ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Coincidido co centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou o 30 de abril unha saída a Celanova e Vilanova dos Infantes. Acompañados polas profesoras Dª Ana Gago e Dª Sabela Lado, saíron ben cediño cara a aquelas terras, onde foron recibidos por Paula Conde, guía da Fundación Curros Enríquez. Na súa compaña fixeron o percorrido guiado pola Casa dos Poetas, vivenda que foi do poeta Curros. Alí, fíxose a lectura do poema"Cantiga", e viviuse un momento máxico na lareira da casa familiar cando Nuria Villanueva, acompañada polas guitarras dos compañeiros, os obsequiou co poema musicado de "Unha noite na eira do trigo".
Sobre as 12 da mañá, todo o alumnado participou nun xogo literario consistente en buscar por diferentes establecementos da vila fragmentos de poemas, ata lograr atopalos todos e compoñelos. Ignorando o frío e a chuvia que caían, dirixíronse ao mosteiro de San Rosendo, onde Paula fixo a guía de todas as dependencias abertas ao público, incluído o magnífico coro que se conserva.
Tras xantar, volta á lectura de fragmentos poéticos de Curros e Celso Emilio, esta vez na Praza Maior, ante o mosteiro, pois os poemas estaban en relación con el. Proseguiu o paseo pola vila, esta vez ata deterse ante a "Taberna do Galo", onde se fixo lectura do fragmento co mesmo nome. Foron convidados a visitar a magnífica biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro, onde os acolleron e se resgardaron das inclemencias do tempo, e onde todos reunidos finalizaron a lectura dos poemas que levaban preparados.
A seguir, o autobús levounos ata a casa rectoral, onde o párroco lles mostrou a reliquia da Virxe do Cristal, única pola súa conformación, e segundo conta a lenda atopada milagreiramente no século XVII. Sen pausa, dirixíronse ao Museo Etnográfico de Vilanova, situado na torre da antiga fortaleza derrubada polos Irmandiños, e desde onde puideron apreciar todo o val. Alí recibíronos para unha visita guiada da que non perderon explicación, e ao saír... ¡botáraselles a noite enriba! A pesar de que no programa aínda se prevera unha visita a Castromao, un dos xacementos arqueolóxicos máis interesantes do noroeste ibérico, xa non era posible. As lameiras, ademais, non parecían que a visita, camiñando, fose adecuada. Así que moi cansos pero cunha xornada inesquecible ás costas, tomaron o autobús para voltar á casa. Como promesa, queda no camiño a idea de volver, ¡con Castromao no programa!
CURSO 2010-2011
SAÍDA A SANTIAGO
O luns 20 de xuño, os alumnos de 2º ESO acompañados polas profesoras de Ciencias Naturais, Mª Jesús Campos e Victoria Cobas, realizaron unha visita ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias de Santiago de Compostela que conta con coleccións de zooloxía, botánica, xeoloxía e outros obxectos relacionados co desenvolvemento das ciencias naturais desde o século XIX ata a actualidade. A visita complementouse cun roteiro botánico guiado polos xardíns do Campus Sur.
A continuación desprazáronse ata os estudos centrais da Televisión de Galicia en San Marcos, onde visitaron as instalacións.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+