Pais/Nais
Actividades internas
MAGOSTO 2019
admin — Lun, 18/11/2019 - 23:46
MAGOSTO 2019
O xoves 14 de novembro celebramos o magosto, contribuíndo así a que o alumnado coñeza e valore as tradicións. No festexo o alumnado degustou castañas asadas, gozou de dezaseis xogos populares (trompo, solitario celta, labirinto de corda, aros, corda, poliedro estrelado, etc.) e actuacións de música tradicional galega. A actividade estivo organizada pola Vicedirección do centro e colaboraron o Departamento de Música, de Educación Física, e o Departamento de Tecnoloxía e a ANPA Agarimo.
SPELLING BEE 2020. Primeira rolda.
admin — Lun, 18/11/2019 - 23:13
SPELLING BEE 2020
Celebramos a primeira rolda do concurso de deletreo " Spelling Bee" 2020 o 13 de novembro de 2019 para elixir os representantes de 3º ESO que participarán na fase final. Participaron oito alumn@s de 3º ESO e resultaron gañadores: Carolina Cabeza Castro de 3º ESO B e Víctor V. Cameselle Celedoni de 3º ESO A. Parabéns aos gañadores! que serán preparados semanalmente polo Axudante Lingüístico, Giovani Santiago.
HALLOWEEN
admin — Mar, 05/11/2019 - 03:01
HALLOWEEN
O Axudante Lingüístico, Giovani Santiago e profesoras do Departamento de Inglés celebraron con alumnado de 1º ESO, 2º ESO B, 1º e 2º BAC a festividade de Halloween. Proxectáronse cancións e vídeos terroríficos para os alumnos de ESO, e para o alumnado de BAC fíxose unha actividade de procura do asasino. Os que acertaron as respostas recibiron a súa " treat" .Así mesmo, algúns alumn@s trouxeron a clase doces típicos da estación para que os probase o noso Axudante.
EXPOSICIÓN “XEO PROXECTO 2019” RODEA UN POLIEDRO
admin — Mar, 25/06/2019 - 14:27
O alumnado de 1º bacharelato A expuso a mostra titulada ”XEO Proxecto 2019”. Actividade organizada polo profesor de Debuxo técnico Carlos García.
EXPOSICIÓN “TEXTURAS, URDIMBRES E TRAMAS"
admin — Mar, 25/06/2019 - 14:19
O alumnado de 3º ESO preparou unha exposición cos traballos realizados na materia de Educación Plástica confeccionando texturas, urdimbres e tramas. Actividade organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual.
CHARLA “TARTARUGAS E MAMÍFEROS MARIÑOS DE GALICIA”
admin — Mar, 25/06/2019 - 14:14
O venres 7 de xuño o biológo e ilustrador científico da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), Alfredo López impartiu a charla titulada “Tartarugas e Mamíferos Mariños de Galicia” para o alumnado de 1º ESO. A charla organizouse coincidindo coa conmemoración do día mundial dos océanos (8 de xuño) para insistir no papel tan importante que teñen os océanos nas nosas vidas e coñecer máis datos da bioloxía e o comportamento de tartarugas e cetáceos.
EXPOSICIÓN “GOLFIÑOS NA PROA”
admin — Mar, 25/06/2019 - 14:03
Do 27 de maio o 7 de xuño disfrutamos da exposición “Golfiños na proa” que aborda un percorrido da anatomía, problemáticas e características de cada especie de cetáceo. Ademáis houbo unha interesante colección de mostras biolóxicas como o cráneo de balea alibranca, cráneo de caldeirón común, vértebras de balea, vértebra de golfiño, mandíbula de cachalote e barbas de balea, tamén colocáronse carteis sobre anatomía de tartarugas e focas.
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO: “A TÁBOA PERIÓDICA DOS XEROGLÍFICOS”
admin — Mér, 12/06/2019 - 13:42
O día 27 de maio o Departamento de Física e Química entregou os premios aos gañadores do concurso: “A Táboa Periódica dos Xeroglíficos”. Os premiados foron:
- 1º premio: Paladio, de Paula Armenteiros Gil (3º ESO A)
- 2º premio: Osíxeno, de Noa Hernández Comesaña (3º ESO B)
- 3º premio: Roentgenio, de Candela Vila López (3º ESO A)
- 4º premio: Rutenio, de Pedro Martínez Cabada (3º ESO C)
- 5º premio: Cobre, de Miguel Valdés González (3º ESO B)
Na actividade participou o alumnado de 3º de ESO, con motivo da proclamación do ano 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas e a Unesco. Neste ano conmemórase o 150 aniversario da Táboa Periódica elaborada, independentemente, por Mendeleiev e Meyer que se considera a precursora da Táboa Periódica actual.
O Departamento de Física e Química quere destacar que os premios estiveron moi rifados pola alta calidade dos traballos presentados, ademais de felicitar aos premiados e agradecer a participación de todos.
O CEO NOCTURNO A OLLOS DUN MATEMÁTICO
admin — Mér, 12/06/2019 - 13:29
O pasado 29 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato Científico e Tecnolóxico, asistíu á conferencia “O ceo nocturno a ollos dun matemático”. O noso conferenciante, Victor Tilve, antigo alumno do Centro, está licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiante no programa de doutoramento do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller (USC) e colabora como operario de telescopios do Centro de Estudios de Física do Cosmos de Aragón (CEFCA). Actualmente está cursando o Máster de formación do profesorado da UNED e estivo no noso Centro realizando a fase de prácticas.
SEMANA DA DIVERSIDADE
admin — Mér, 05/06/2019 - 13:22
Co gallo da celebración, o 17 de maio, do día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia celebramos no IES Rosais 2 a primeira Semana da Diversidade. Actividade organizada polo Grupo de Traballo de Convivencia e Igualdade.
Aproveitando os recreos proxectáronse diferentes curtametraxes a favor da igualdade, fíxose un concurso de fotografía, un concurso de figuras ocultas, un taller de percusión con alumnado de 1º e 2º da ESO e 1º Bacharelato, percusión corporal a favor da tolerancia con alumnado de 3º da ESO e pechamos a semana cun recital de literatura galega de temática homosexual e transexual, para normalizar a realidade LGTB, loitar contra o acoso e aprender a respetarnos, no que participou alumnado de todos os cursos.
Neste acto final entregáronse os premios de fotografía, as gañadoras foron:
Primeiro Premio do Público: Áldara López Torres
Segundo Premio do Público: Carla Martínez Serantes, Chaltu Estévez Domínguez e Ester Evelyn da Silva Gama
Premio do Xurado: Silvia Bravo Pascual
e do concurso de figuras ocultas, que gañou: Silvia Bravo Pascual
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+