Blog
Para axudar e dinamizar a nosa biblio creamos un novo lugar onde compartir con toda a xente o noso facer como biblioteca. Entra e coñece o que estamos creando. Biblioribeira
Visita de Paula Carballeira
Para pechar as celebracións da Biblioteca por mor do "Mes das Letras" visitou o centro Paula Carballeira. O alumnado de segundo tivo un taller de narración oral: a biblioteca ten a palabra
Lecturas recomendadas para o verán
Na biblioteca pódense facer os préstamos para este verán. Estas son as lecturas recomendadas para o verán 2022.
-22 segundos, Eva Mejuto
-Irmán do vento, M. Lourenzo González
-O neno de lume (premio Xerais Infantil 2022), Ledicia Costas
-Casa de feras, Edgar Costas (permio Roberto Vidal bolaño 2021)
-Un elefante na sala de estar (premio Xerais Xuvenil 2022), Berta Dávila
-Heartstopper, Alice Oseman
-Heist, Ariana Godoy
-Miedo a los perros que e me han dicho que no muerden, Javier García Rodríguez
-Fuera llueve, dentro también, Antonio Dikele Distefano
-Boulebard, Flor M. Salvador
-Las formas del querer (premio Nadal de novela 2022), Inés Martín Rodrigo
-Panza de burro, Andrea Abreu
-Violeta, Isabel Allende
-La vida contada por un sapiens a un neardental, Juan José Millás e Juan Luis Arsuaga
-El corazón helado, Almudena Grandes
-Infamia, Ledicia Costas
-A dúbida, María Reimondez
-Beleza Vermella, Arantza Portabales
-Os seres queridos (premio Xerais de novela 2022), Berta Dávila
Presentación de "Casa de feras"
O 30 de maio presentouse na Biblioteca Municipal do Porriño a obra gañadora en 2021 do premio Roberto Vidal Bolaño. Este premio, convocado polo IES Ribeira do Louro xunto coa Editorial Galaxia e a colaboración do Concello do Porriño, premiou na súa cuarta edición a obra de Edgar Costas, Casa de Feras. O público asistente puido escoitar como o autor analizou distintos aspectos da súa obra e falou de Paco, Pizarro... e o resto dos habitantes da Casa de Feras
Visita de Carlos Labraña
O pasado xoves 26 de maio visitou o insituto Carlos Labraña. O gañador do premio Manuel María de textos teatrais falou do seu libro Contra reloxo. Completouse a visita coa representación polo grupo Furabolos da súa obra O Valo.
Roberto Mera
Roberto Mera falounos no Salón da Actos do centro a seu libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos.
O alumnado presente puido coñecer como foi o proceso de busca de información e creación dun libro onde se presenta a vida dun home que axudou a saír do país a milleiros de refuxiados políticos durante a Guerra Civil.
Saída a expotaku Coruña
O pasado venres 20 de maio o alumnado do club de lectura de manga e o club de lectura de novela gráfica pasaron o día na Expotaku da Coruña.
A viaxe realizaouse xunto co IES de Mos e o IES Pedro Floriani de Redondela.
Concerto poético Trobar-dos
Este martes tivemos música e poesía no noso centro. Podedes escoitar un anaco de Trobar-dos aquí.
Semana do libro na biblio: García Teijeiro
Visita de Antonio García Teijeiro.
O noso Premio nacional de literatura falou de poesía co alumnado de 2º ESO B e C
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Foto 1.jpg | 170.6 KB |
Foto 2.jpg | 137.9 KB |
Foto 4.jpg | 156.47 KB |
Charla de Sonia Mirón na Biblio
Sonia Mirón falaranos do seu libro Si tú quieres
Porque hai moitos tipos de amor
Data: 14 de febreiro
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »